Marta Dacosta's Blog, page 11

August 14, 2017

#EstouEstupenda #Flashmobliteraria #Engalego

Anna Ashbless ideou, promoveu e executou un fanzine virtual: #EstouEstupenda #Flashmobliteraria #Engalego



Convidoume a participar nesta reflexi�n colectiva sobre o noso corpo, e as� de marabilloso quedou este poema de Na casa da avoa, con imaxe de Diego Seixo.


 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on August 14, 2017 04:39

Mural de Viki Rivadulla

Viki Rivadulla faime este agasallo marabilloso. Os pequenos versos de Na casa da avoa po�endo palabras ao seu fermos�simo mural e ao lado dos versos do gran Paco Souto. Fico sen palabras.

Grazas!
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on August 14, 2017 04:27

July 30, 2017

Feira do libro de Ponteareas

Na casa da avoa estivo na feira do libro de Ponteareas
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on July 30, 2017 02:29

July 25, 2017

Urraca

Para este 25 de xullo escrib�n sobre a ra��a Urraca, a que pecha o meu libro Na casa da avoa.



Velaqu� o artigo, que se pode ler completo en Terra e tempo. Comeza as�:



Remataba abril e decid�n visitar as terras de Monterroso.



A asistencia a �Mondo�edo � poes�a� o primeiro de maio d�bame a escusa perfecta para atravesar Galiza polo interior e seguir a descubrir ou redescubrir a nosa terra. En canto ideei o itinerario final, Mondo�edo xa non era o obxecto da viaxe. Co�ecer Monterroso pasou a ser a cuesti�n central, con Urraca, a ra��a, como protagonista.



Coa axuda de internet busquei aloxamento e atopeino nunha casa que levaba o nome da ra��a. Mais, finalmente non puido ser e tivemos que quedar en San Miguel de Penas, unha fermosa casa restaurada. O cambio imped�ame co�ecer o lugar que leva o nome de Urraca e pescudar a que se deb�a. As� que, en conversa telef�nica, pregunteillo � dona da casa. Ela explicoume que a casa fora constru�da cos restos da pedra que un d�a fora o Castelo de Sirgal, do que se di que acolleu � ra��a nun incidente sucedido naquelas terras. Quedei coa m�goa de non poder durmir entre as s�as paredes, mais agard�bame outra sorpresa.



A mesma tarde en que chegamos, sa�mos co�ecer o exterior da casa. Al� mesmo ti�amos a Torre de Penas, maxestosa, precedida por un carballo e defendida por un muro que non podiamos atravesar. Ao lado a igrexa, e entre as d�as edificaci�ns un pasadizo de madeira. Por sorte para n�s, na porta do recinto hab�a un panel informativo e nel mostr�usenos a historia, o f�o que tirara por min naquela viaxe.



...
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on July 25, 2017 01:20

July 12, 2017

Carta VIII. Sen fronteiras entre o real e o fant�stico.

Chegamos � oitava entrega, case a piques de deixar a illa do Pico. Neste ano e medio percorr�n coa memoria e a litertura a illa de San Miguel e a de Pico. A�nda quero percorrer as de Faial e Terceira, mais iso ser� dentro duns meses, practicamente a partir de xaneiro de 2018 se todo vai ben. Agora voume centrar noutro proxecto que require toda a atenci�n que lle poida prestar.



Se algu�n gostou destas cartas e seguiu a s�a lectura, grazas.






as coisas aqui acontecem como tiverem de acontecer, sempre com muita calma�� Romana Petri, A senhora dos A�ores.



As estreitas estradas acabaron por conducir cara ao interior da illa os transe�ntes extraviados pola deficiente sinalizaci�n. Sen comp�s, confundindo o rumbo, chegamos � Lagoa de Caiado, cuberta en parte por unha tona verde. A Lagoa forma parte da Rede Natura 2000 e est� a m�is de 800 metros de altura. Na s�a contorna, descubrimos algunhas das especies vexetais end�micas dos A�ores, como a Erica azorica, denominada comunmente urze, mato, vassoura ou queir�, ou o cedro do mato, Juniperus brevifolia. Ignorantes do seu valor natural tiramos fotos marabillados s� pola beleza, para m�is tarde descubrir o seu inmenso valor.



Por eses cami�os do interior, acheg�monos � n�boa que muda a paisaxe da illa, intern�ndonos por unha especie de decorado extraterrestre ou viaxe no tempo cara a un pasado misterioso de liques e fumarolas. Descubrimos a lingua arqueol�xica da illa. A rocha negra, �s veces esfarelada en area escur�sima, a ocultarse baixo a tona de prados intensamente verdes, ondulantes e coroados con cristas de pedras negras ou sebes. E eu admirada de que entre a pedra volc�nica �spera e seca prendera a vida con follas de bordos espi�entos dos que sa�an unha especie de pampillos.

Esa pedra negra � a primeira imaxe do Pico na memoria. A pedra negra que emerxe entre a vexetaci�n. A pedra negra que rodea a illa e adopta formas asombrosas ao entrar en contacto co mar. A mesma pedra que os habitantes cicelaron para constru�r as s�as casas. A pedra que a�nda garda a forma da lava candente que se deslizou cara ao mar. Pedra ou lava negra.



Esa pedra � o coraz�n do Pico. Unha illa que � un monte que ascende abrupto e se coroa de n�boa sen avisar dos perigos que hai no seu ascenso. O cume m�is alto da Rep�blica portuguesa. Esa pedra � tam�n a imaxe que paira na literatura, como o libro que atopei na antiga f�brica baleeira da Sibil. Ao collelo, lin a contracapa e dixen, vai comigo, preciso deste libro para logo alimentar a memoria deste lugar. E as�, lendo A senhora dos A�ores volv�a � illa, reco�ec�a os lugares escuros de pedra l�vica, coma ela os chama, e que al� reciben o nome de �misterios�. Buscaba entre as fotos. Procuraba o mapa para situar debidamente as localidades de Arcos e Cabrito e lembralas mellor. E recorr�a ao caderno que sempre vai comigo, neste pulso constante coa mi�a contraditoria memoria: �Fomos cara a Cachorro e visitamos a s�a costa, chea de pedras con formas que parece que se fixeran onte... Continuamos contemplando as caprichosas formas que tomou a lava cando baixou cara ao mar, nesta illa que � a m�is nova, pois s� ten 300.000 anos. No Lagido de Santa Luzia visitamos o conxunto etnogr�fico da cultura do vinho, coas parcelas separadas por muros de pedra negra e as vi�as abandonadas, algunha a subir polas �rbores, mesmo.�



A senhora dos A�ores � unha obra de Romana Petri, escritora e tradutora italiana. Na recensi�n doutro libro da autora sobre a mesma illa (Regresso � ilha), realizada por Manuel Tom�s, sabemos que Petri chegou ao Pico en 1996. Aquel ver�n deu lugar � Senhora dos A�ores, un libro que tivo grande �xito en Italia porque: �Em A Senhora dos A�ores, o espa�o � determinante para o enquadramento das personagens, todas elas com nomes reais, bem conhecidos de toda a gente da freguesia de Santa Luzia e n�o s�, que o Pico acaba por ser uma aldeia global(mente) pequena� (Manuel Tom�s, Revista de livros 307)

O libro ten formato de memoria e quere ser un retrato sentimental do Pico. Romana Petri escribe en primeira persoa e � outra personaxe que transita as terras da illa e fala cos seus habitantes. A Senhora dos A�ores � un retrato daquelas xentes, das mulleres e dos homes que un d�a emigraron a Canad� ou aos Estados Unidos e que sempre, sempre se doen desa partida, malia os seus fillos americanos xa na fala e no corpo. A autora demostra un profundo desprezo por esa americanizaci�n e � na s�a propia boca que pon estas palabras:



�N�o devias ter permitido que o teu filho nacesse naquela terra �Debe ser por isso que tantos americanos s�o obessos: vivem a grande derrocada da sua alma. For�ada a estar onde na devia, e compensam a m�goa da mudan�a afogando a comida nos molhos coloridos. A gordura que v�s, pais, consumistes na tristeza das recorda��es, recuperam-na eles�



O libro vai dese�ando ante n�s un retrato real e m�xico da illa, coas s�as cores e formas caprichosas, cos seus habitantes corp�reos e incorp�reos, sen que haxa fronteira ningunha entre o mundo dos vivos e os mortos: �e a alma, no momento de partir, fica desorientada, n�o sabe tomar o caminho suave das alturas, como lhe compete, e fica aqu�, na terra, deixa-se ficar embora saiba que o seu lugar j� n�o � aqu��.

Cando hoxe volvo ao libro, mentres escribo este artigo, conecto esta obra coa dunha autora de noso. Nun dos cap�tulos de A senhora dos A�ores, unha das personaxes, Malvina Sebasti�o, fala dun homem-planta: �� em frente daquela casa, no jardim, h� uma estranha planta com uma �nica flor grande e alongada, que est� ali h� anos e n�o murcha, est� sempre fresca. Por vezes, de noite, no lugar da planta est� um homem de outros tempos, um homem-planta que regressa porque sente a necessidade de aparecer �queles que podem e querem v�-lo.�



Un home-planta, como as mulleres planta que Ledicia Costas creou nunha das s�as �ltimas novelas. Unha creaci�n literaria que tal vez beba da realidade da Epidermodisplasia verruciforme, unha enfermidade rara de orixe xen�tica que provoca a deformidade da pel por medio de verrugas, at� adoptar aparencia vexetal. Unha enfermidade que, como sempre, se analiza desde unha perspectiva masculina, esquecendo que mesmo as mulleres poden chegar a padecela, e aqu� entra o texto de Ledicia, feminizando esta imaxe. Unha imaxe que conecta coa tradici�n literaria dos Ent, descritos por Tolkien como xigantescas �rbores que cami�an e gardan a fraga, tomando o nome da tradici�n anglosaxona; ou coaa tradici�n mitol�xica de pobos como o �uscaro que �s veces representan a s�a deusa Mari como un ser h�brido entre unha muller e unha �rbore.



Ebria de imaxes fant�sticas sinto avanzar o tempo mansamente. O sol intenso esperta a sede de auga salgada e levamos o corpo at� as piscinas constru�das no bordo do oc�ano. Apenas un ensaio de profundidade. Unha balsa de adaptaci�n que xoga coa distancia do horizonte, mostrando o perfil das illas que rodean o canal e calan a dimensi�n do abismo en que se mergullan os seus xigantes na procura de alimento.



Profundidades en que dormen animais p�lidos, como aquela cucumaria dos abismos que Vitorino Nem�sio imaxinou e nomeou estrela, sen decatarse de que era unha masa branda que filtra a auga na escuridade absoluta, un ser vivo parente dos carallos de mar, que tam�n arriban inertes �s nosas praias:



�Ficavam ali secas, estampadas, como enigmas do mar num cemit�rio. E nunca mais se esquecera daquela bicheza pequenina, Cucumaria abyssorum, encontrada pela equipa cient�fica do Hirondelle nas fossas do Atl�ntico a�oriano, ... Pobre estrelinha seca das solid�es do fundo, a cucum�ria dos abismos... � Vitorino Nem�sio, Mau tempo no canal



Marta Dacosta, maio 2017.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on July 12, 2017 02:01

July 1, 2017

Pateleiras

Do Pindo a Combarro.

Das Xornadas da pesca ao Encontro de embarcaci�ns tradicionais.

Versos, humildes, para homenaxear �s traballadoras do mar, a�nda non ben reco�ecidas.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on July 01, 2017 04:15

June 30, 2017

Festival po�tico Fala o mar

Xullo comeza recitando poemas que falan das mulleres do mar.



A nova na prensa.


 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on June 30, 2017 10:37

June 26, 2017

Entrevista no programa Galegos na Baix

O pasado 22 de xu�o Armando Fern�ndez e Xulio Couxil do programa Galegos no BAIX que se emite en Radio Sant Boi, entrevist�ronme.



Aqu� est� entrevista en que falo, sobe todo de Na casa da avoa:



Galegos na Baix.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on June 26, 2017 12:03

June 23, 2017

II Xogos florais de Ponteareas

Esta tarde, antes de festexar o San Xo�n, participarei nos Xogos Florais de Ponteareas.

Ser� un pracer escoitar e recitar.



Viva a poes�a!!
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on June 23, 2017 00:35

June 21, 2017

Un mundo de meu

As� titulei a mi�a participaci�n na secci�n dA Sega "O cuarto de ..."



Agrad�zolle �s segadoras que fagan vis�bel o traballo das escritoras.



Un mundo de meu.



Poder�a mostrarvos como � o lugar en que adoito traballar e ser�a unha ficci�n, porque ordenar�a a mesa e a contorna da computadora para que non descubr�sedes o caos que �s veces se apodera de min.



O certo � que naquel cuarto que tiven na casa dos proxenitores, fun proxectando aos poucos un futuro de meu, porque precisaba espazo e tempo e poder. As� foi que entre as lecturas de poes�a, os apuntamentos de lingua e os dicionarios, o que fac�a realmente era trazar o mapa que me levar�a f�ra da casa do pai, os planos da independencia econ�mica imprescind�bel para ser dona de min.



Hoxe vivo nunha casa de meu. Nun espazo que comparto por decisi�n propia e no que habitamos na igualdade de quen leva ao �mbito dom�stico o que defende na r�a. Unha casa en que non hai fechaduras e nos encontramos na conversa e nos traballos. O noso espazo de paz.



Para quen fantas�a, idea ou escribe en calquera lugar e momento, todos os espazos da casa son �ptimos para a concentraci�n. Desde aqueles que a iso foron dedicados, at� os que te�en outro destino, mais acaban por adaptarse � funci�n literaria. As� o recanto do oeste que inicia un poema de Acu�tica alma e representa un lugar ao p� da vent� orientada a po�ente, un lugar de luz e calor antes de que o d�a remate.



Mais a casa non son s� os espazos de dentro. O eido que a rodea acaba por ser tan principal coma os cuartos, porque ao final � xard�n ou abandono creado � nosa imaxe e semellanza, mundo do que somos as �nicas deusas. Por iso ese lugar sen paredes nin teito, en que respiramos por todos os poros do corpo, pode ser o espazo. Un espazo ao p� da natureza en que deixarse levar pola harmon�a inaud�bel das �rbores e o aloumi�o da brisa. Alentar. Cos ollos fechados. Coas entra�as abertas. Sent�ndose dona dese momento.



Porque escribir � unha actividade que precisa dedicaci�n e m�todo, que precisa domar as imaxes que adoito se desbocan e fannos sa�r alancando na s�a procura, esforzarnos en rodealas co lazo que nos permitan suxeitalas, frealas. Domesticar a s�a ansia. Aprendelas a cami�ar canda n�s, coma as bestas do monte.



Atopar ese punto de equilibrio entre o salvaxe e o cultural.



Xu�o de 2017.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on June 21, 2017 09:59

Marta Dacosta's Blog

Marta Dacosta
Marta Dacosta isn't a Goodreads Author (yet), but they do have a blog, so here are some recent posts imported from their feed.
Follow Marta Dacosta's blog with rss.