Marta Dacosta's Blog, page 10

November 16, 2017

Biblioteca das Neves

O domingo d�a 19 inaug�rase a biblioteca das Neves. Al� estarei representando � AELG.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on November 16, 2017 11:19

Atesourando a palabra

O 11 de novembro lembramos a Paco Souto no Teatro Col�n da Coru�a.



Na s�a memoria escrib�n este poema que resume o que sinto.



Ao poeta de amar non ten laranxas



cada vez que cruzo aquel cami�o

volve a imaxe das laranxas

desbocadas coma un r�o

caendo en fervenza contra o chan



as laranxas rodando

galgando

dis

tan

cias

at� chegar ao r�o

at� arribar ao mar

talvez



laranxas extraviadas baixo das abeleiras

desembocando exhaustas entre as dunas



e as humildes laranxas que naceron no bordo do cami�o

as laranxas que a dona deixou ir

desprezando a s�a carne agre

ocupan a memoria e chaman

a lembranza do poeta



ent�n imaxino o home alto que foi

cos cabelos crechos e revoltos

termando do froito at� o trincar

agarrar contra a lingua a s�a carne

e deixar escorrer pola man e o pescozo

a auga que era zume, froita

terra para ser devorada

terra para chantarnos profundos e sentir

para sermos



� verdade que �s veces

o lume nos devora



mais a terra volve aleitarnos

no desexo de virarnos �rbores que a suxeiten

cinza ou po que a fagan f�rtil



esperanza

a esperanza

de que nas laranxas que caian este ano

ve�a unha gota da t�a voz, unha palabra

que enra�ce aqu�

neste lugar que nunca definimos e sempre reclamamos

aqu�

neste lugar en que gardamos

a memoria

as promesas

a esperanza

o amor


 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on November 16, 2017 11:14

November 14, 2017

Reparaci�n da memoria hist�rica

A Deputaci�n de Pontevedra celebrou unhas xornadas para a Reparaci�n da memoria hist�rica. Nelas, o d�a 8 de novembro celebrouse un recital en que participamos Elisabeth Oliveria, Xos� M� �lvarez C�ccamo, Lu�s Chapela, M�riam Ferrad�ns, Luc�a Novas e eu mesma, que reescrib�n un poema editado en 1995:
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on November 14, 2017 11:47

November 4, 2017

"Dic el vent i el vent respon"

A literatura ten ese poder sandador de lle po�er palabras ao que sentimos.



Cando lemos, escrito por outro ou outra, iso que sentimos, as feridas comezan a pechar. Ent�n, apropi�monos desas palabras e sentinos que temos unha raz�n nova, que non estamos soas.



As� foi cando hoxe tirei do andel o libro Andorra, postals i altres poemes de Miquel Mart� i Pol. Abr�n o poema "Dic el vent i el vent respon" e sent�n que eses versos escritos antes de 1984, ano da publicaci�n do libro, po��an as palabras certas a este tempo.



E atrevinme a traducilos. Somet�n o sentido literal � m�trica orixinal e isto foi o que consegu�n reproducir. Se rachei a fidelidade das palabras, desculp�deme, foi por ser fiel ao ritmo e � emoci�n.



O vento di e responde

e con el a fantas�a.

Non podo rachar o son

que xa estou no mediod�a.

Se, veloz, a ponte cruzo

caio � poza que quer�a

e xa dentro, a morri�a

di que nada me pertence.

O vento di e responde

e con el a fantas�a.



Coraxoso e sen escudo

planto cara � acometida.

Tanto a sa�de me danan

que a morte non � temida,

d�eme m�is a quietude

que non haxa achas acesas

que conxuren a secura

desta soidade esgrevia.

Coraxoso e sen escudo

planto cara � acometida.



Vou, ve�o, fago cami�o

sen da casa me mover.

Salto, bailo ao meu pracer

e outros enchen a zanxa da

desaz�n en que esmorecen

e orneando se lamentan

ao decatarse que as brasas

que os queiman non te�en fin.

Vou, ve�o, fago cami�o

sen da casa me mover.



Miguel Mart� i Pol, Andorra. Postals i altres poemes, 1984.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on November 04, 2017 04:15

November 1, 2017

a fraga devastada

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on November 01, 2017 02:40

October 22, 2017

Recensi�n en Ferradura en tr�nsito

No blog Ferradura en tr�nsito, Xos� Manuel Eyr� fai unha recensi�n de Na Casa da avoa:



"Nun mundo dominado polo sexo masculino, Marta Dacosta no seu �ltimo poemario reivindica a voz das mulleres,...

Os seus versos dialogan con frecuencia co mundo ic�nico de autores deco�ecidos ou co�ecidos, como caso de Maurice MacGonigal, Ruth Matilda Anderson, Mar�a Calderelly, Millais, Henrietta Rae ou Lu�s Seoane, autoras e autores que reflectiron o mundo das mulleres e/ou foron rupturistas con respecto � arte da s�a �poca...

A avoa representa a loita xorda contra a invisibilidade, a foza de traballo e de tes�n,...

Despois de tantos anos de loita feminina, esta ten certo parecido co m�to de Pen�pole, tecer e destecer. E non o dicimos por todos os dereitos que a sociedade vai perdendo. Certamente, despois de tantos anos a muller vive m�is dignamente, aquela que loita pola dignidade de ser muller, mais por cada unha que loita hai dez que a�nda seguen vivindo no silencio, que aceptan sen discusi�n o rol que lles foi transmitido, por canto podemos dicir que destecen. Tecer e destecer, ese � o medo. De a� o valor e o poder da palabra libre, do verso ceibe de Marta Dacosta, da s�a reivindicaci�n. Porque sempre nos ser� necesario o exemplo, e o exemplo sempre ser� m�is valioso se � de algu�n pr�ximo, os mitos est� moi ben, mais o exemplo de quen cami�a contigo c�bado con c�bado � imprecind�bel, impag�bel."



Nunha entrada posterior do blog, Xos� M. Eyr� escolma tres poemas.



Moi agradecida.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 22, 2017 02:41

N�s tam�n navegar, congreso de poes�a 2017

O d�a 6 de outubro tiven o grand�simo pracer de moderar a mesa que abr�a o Congreso de poes�a organizado pola AELG, e que ti�a por nome o do propio congreso.



Falamos da nosa achega con voces autorizad�simas: Helena Villar, Yolanda Casta�o e Rosa Enr�quez.



A mesa e todo o congreso foron recollidos en diversos medios:



"A poes�a galega de hoxe � como � porque as autoras anovaron os temas, introduciron novos materiais e desmontaron a ideolox�a patriarcal", acordaron as relatoras encargadas de abrir o encontro a sexta feira, coordinadas pola poeta Marta Dacosta (Vigo, 1966)." Escribe Daniel Salgado en Sermos Galiza.



�A poes�a galega de hoxe � como � porque as mulleres tomaron o tem�n�. Con palabras coma estas comezou Marta Dacosta a primeira das mesas celebradas no congreso N�s tam�n navegar. 40 anos de poes�a galega, organizado pola AELG...

Marta Dacosta remarcou, pola s�a banda, que a �celebraci�n� das poetas dos 90 � que Mario Regueira alud�a �tivo un pouco de prexu�zo�, levando a encastelamentos como o da etiqueta �poes�a de muller�. Antes dos 90 estiveran outras, -sinalou-, coma Helena Villar ou Pilar Pallar�s, mais nos 90 � a primeira vez que se reco�ece a �moitas mulleres� que est�n a facer unha poes�a de calidade. Comentou, tam�n, que se cadra certas etiquetas coma �socialrealista� foran importadas da cr�tica espa�ola. Yolanda Casta�o matizou tam�n que a �celebraci�n� das poetas dos 90 foi relativa, xa que as recensi�ns de autoras segu�an a ser minor�a, a maior�a das mesmas eran negativas, e moitas respond�an a criterios "extraliterarios", coma xa na presentaci�n da mesa advertira Marta Dacosta." Palabras de Montse Dopico en Praza.



Arriba unha imaxe das catro feita por Alberto Pombo.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 22, 2017 02:39

Encontro entre mulleres e palabras

A secretar�a da Muller da CIG de Vigo organiza en Pax�n, este 21 e 22 de outubro unhas xornadas que te�en por t�tulo Encontro entre mulleres e palabras.



No obradoiro que guiarei, e que titulei "des-tecer" proporeilles destecer como lectoras, para tecer novas visi�ns e novos textos literarios.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 22, 2017 02:17

September 8, 2017

Presentaci�n de

Este martes 12 de setembro, �s 19:00 horas, no Centro de Documentaci�n Feminista Centro de Documentaci�n e Recursos Feministas, na Biblioteca Juan Compa�el de Vigo, presentaremos "Na casa da avoa".



Se gustades, estou � vosa disposici�n.



Quedades convidadas e convidados.
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on September 08, 2017 09:41

August 26, 2017

Seca





"Seca", agosto 2017. Lagoa de Xu�o. Praia de Baso�as. Porto do Son
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on August 26, 2017 02:16

Marta Dacosta's Blog

Marta Dacosta
Marta Dacosta isn't a Goodreads Author (yet), but they do have a blog, so here are some recent posts imported from their feed.
Follow Marta Dacosta's blog with rss.