Samuel L. París's Blog, page 8
July 9, 2015
Pasiño a pasiño, la poesía en tu cara!
Despois dun par de semanas pola terra que viu nacer a celebridades da talla de Beatriz Manjón, a Romay Beccaría ou a Hugo Mallo, volvo a andar por corredoiras rioxanas.
Até agora puiden entregar xa uns cantos poemarios, sobre todo á xente que me contou que andaba por Compostela. Dentro de semana e pico volverei e continuarei o reparto entre quen me dixo que andaría pola Coruña (y aledaños), por Vigo (y sus terrazas), a quen aínda me falta por Compostela (y sus caldos) e por outras latitudes.
No os preocupéis, ¡la poesía no escapa vuestra!

June 21, 2015
No traje traje de baño
—Pois podes quedar na area lendo, non?
Chega o verán e, con el, vuelvo al terruño. Tras entregar o primeiro poemario feito a man aproveitando as semanas que pasei por Cataluña, volvo cargado de ilusións e de letriñas gravadas a pulso a Galicia.
Estas semanas irei contactando con cada unha das persoas que reservaron un dos cadernos para llo entregar, en base a resposta aos últimos contacto mantidos vía mail.
Es muy fásil, si lo piensas.
Non desesperedes! O verán xa chegou e vén cargadiño de licor literario!

April 27, 2015
¿Qué opina de los poetas y de los lunes?
—¡A mí no me hacer preguntas ningunas que me va a dar un ataque!
O pasado luns tiven o pracer de formar parte do Poeta Di(n)versos, no Centro Ágora da Coruña (Samu, iso xa nolo dixeches hai unha semana… Es ben pesado!). Resultou ser unha experiencia demasiado boa para o que se espera normalmente dun recital a golpe de luns.
Ademais de agradecer a todas as persoas que se achegaron até o evento, a Lello (un grande) e, of course, a Kiko; tamén quero destacar a gratísima experiencia de participar neste ciclo por disfrutar de primeira man da profesionalidade, a minuciosidade e a dedicación de Yolanda Castaño no seu rol de organizadora. Un auténtico luxazo, de verdad de la buena.
[ACTUALIZACIÓN]
No programa ZigZag da TVG emitiron uns fragmentos do recital no Ágora [a partir do segundo 33 e do minuto 1:34].

April 9, 2015
Coruña, la ciudad donde nadie es foraminífero
Aínda que dubido que noutra cidade alguén poida ser un protozoo mariño provisto dunha cuncha calcaria con buracos pequenos, todo sexa dito.
O vindeiro luns día 20 irei recitar uns versos ao da Coruña dentro do ciclo Poetas Di(n)versos. Nesta ocasión, ademais de me padecer, poderedes disfrutar da poesía do italiano Lello Voce.
Todo dará comezo ás 20.30 e é con entrada libre ata completar aforo. Así que, ionquis de lo poético, tócavos espabilar, coller sitio e reservar o asento do lado para os vosos amigos invisibles (se che mola a poesía, non has de estar moi ben da cabeza).
Tedes máis información sobre a cita na web de .
“La ciudad donde nadie es foraminífero”… Tremenda parvada…

Samuel L. París's Blog
- Samuel L. París's profile
- 2 followers
