Samuel L. París's Blog, page 5
April 12, 2020
Papahostias
[image error]
Que pasa cando mesturas os audios do dicionario da Real Academia Galega con Rage Against the Machine?
Pois RAG AGAINST THE MACHINE.
Podes descargar no Bandcamp.
April 6, 2020
Nova Poesía Vella
Recital para Miña poesía, meu lar durante o confinamento de 2020.
Ningunha vaca, polo, cabra ou rato (?) sufriron maltrato durante os escasos minutos que durou a gravación. Despois, pois…
March 28, 2020
Así será
[image error]
Alégrame anunciar que a Internacional de Poesía Anarquista verá a luz este ano en Edicións Positivas.
Así será.
March 18, 2020
Samo, ponte a traballar II: a vinganza
[image error]
En 2013 publiquei un poemario á semana.
—Xa o sabemos, pelma!
Un dos poemarios que publiquei naquel ano foi o samoponteatraballar, que escribín a partir de títulos que diferentes persoas me foron propoñendo en Twitter.
—E que? Que vas faser? Volver armar outra desas? Vaia imaxinasión, momia!
Volvo abrir convocatoria, desta volta a través de Twitter e mais de Instagram. Enviádeme propostas de títulos para poemas e miro de armar un poemario bueno, bueno para publicar canto antes. E se queredes tamén a través de comentarios neste post, AÍNDA QUE VAMOS…
Admito propostas ata mañá día 20 de maio ás 23.59. Por disir, vaia…
—Vale… Poesía, xusto o que nos fasía falta… Ponte a traballar, fai favor.
February 18, 2020
O infinito chega ata alí
[image error]
Antes do San Xoán, verán vostedes dentro do catálogo de Edicións Positivas a obra na que levo (andando de aquí para alí) traballando uns cantos anos.
—Ata onde chega o infinito.
—Ata alí.
February 8, 2020
January 10, 2020
Spiderman no llora
[image error]
Na rúa San Andrés pecha La Casa de las Máquinas.
Ao lado do baixo baleiro co cartel de “Se Vende” o Santander anuncia nas súas pantallas luminosas patinetes eléctricos.
—Vaia, París. O sistema é un cristo, non? Pois debe ser desde onte, porque ata onte ía todo rodado…
—Spiderman no llora.
November 25, 2019
Por un perro que maté, mataperros me llamaron
[image error]
Remata a aventura cos corvos e coa morte. Remorta a avencorva cos corvos e coa morte.
Máis dun ano de traballo, diversión e amizade. Inesquecible. E era todo pola música!
—E agora?
—Agora algo haberá que facer…
November 16, 2019
Troberno de goalición
[image error]
Medidas para irlle dando:
Hasta mi abuela defiende mejor.
“Pechar a porta ao saír” é o “limpar a lefa do abdome alleo” do civismo.
Día Nacional para Falar no Choio como se Chorases. Promover ser uns miquentos.
A cara do adestrador cando se lle lesiona un xogador e non ten máis cambios. Toca pensar un plan, pero non ten saída. Cara de apandar.
Hasta mi abuela defiende mejor que tu vieja. Driblar as expectativas.
Se algunha vez dixeches “este es el mejor ceviche de Coruña”, non entendiches nada.
ABC, El Mundo, El País, El Diario, Tu Vieja.
“Este defensa é peor que a carne do pescoso”, le dijo la jirafa al director deportivo.
Dous de cada tres galegos pensan que total… Xa ves ti…
Hasta mi abuela dios a teña na gloria. Sacar o balón xogado. Bascular. Capacho de droga.
November 15, 2019
A primeira vez
[image error]
A primeira vez que lle pasaron un soplete ao toro de xarda que tiñas diante e pensaches que todo ía mellorar, mais toda a expectativa que se foi xerando desde entón só o jodeu todo.
Vives no dormitorio e non coñeces a ninguén. Por que? Porque non saes. E por que non saes? Porque non tes choio. E por que non tes choio? Porque non coñeces a ninguén, así que mellor quedar no dormitorio.
A ver quen lle pasa agora o soplete á xarda.
Samuel L. París's Blog
- Samuel L. París's profile
- 2 followers
