Samuel L. París's Blog, page 6
November 12, 2019
A morte não pode estar errada
[image error]
O concerto será pola noite. Cos músicos a música e as notas musicais a través de equipos de son soando no aire do espazo da Sala Mardi Gras os músicos. Thee Blind Crows é o último bolo con eles meu para tocar con eles despois xa non tocar con eles último bolo pois. Que ben tocar tamén Playa Desmayo é bo e tamén concerto para tocar! Bala Dj Set para a festa co concerto despois de actuación para seguir actuación e seguir festa. Sexta-feira é venres polo día 22 é novembro, con iso da data. Coruña entradas para entrar en Coruña concerto en recinto pechado tamén con disco agasallo compacto. Bristol? Si, bar. Ummagumma? Si, entradas por suposto. Amplificador e cordas baixo deus mimá romper todo cuida mía.
—A morte não pode estar errada.
—Díselo a tus viejos.
October 16, 2019
We have whole oceans in front of us to conquer
[image error]
Ti veña a dicirme que todos os farmacéuticos son idénticos e eu a retrucarche que iso é porque, dalgún xeito que se che escapa, están racializados. E ti veña con que unha anduriña non fai o verán e que a un bo farmacéutico non se lle mira o dente e eu a replicarche que os posts en blogs gratuítos de WordPress cunha ficticia conversa estruturada en “ti dis unha cousa e eu dígoche outra” son tan inútiles como os defensas do Dépor dos últimos anos.
E ti veña. E eu veña tamén.
Tes en mente algo grande como establecer un baremo que xulgue con exactitude a realidade (hay que ser objetivo) para comparar todos os portais nos que levas botando a papa desde que Gallardón se puxo o sombreiro de Madrid 2012. A idea non é mala e sorrís porque tes unha navalla no peto do abrigo.
Non mates o raposo se aínda non cataches a pita.
—Non hai mar.
—Depende de para qué.
October 10, 2019
El total se va a acabar
[image error]
Disto que, quince horas despois, caes na conta de que levas todo o santo día cun calceto do revés e non te explicas como é que non andiveches todo o santo día (o pracer da repetición) en círculos como un membro da esquerda parlamentaria; aínda que despois as beirarrúas da Coruña estean cheas de persoas que arresenden (non uso o verbo “cheirar”, nin “ulir”, nin o recomendable “recender”, xa que un “a-” protético e preparoxítono a jodelo) como arresendían os cochitos das Festas do Carme de Muros de 2002, cando xa pagabas as fichas en euros.
E caes na conta de que o calceto do revés si que te levou á casa de Cristo, temporalmente falando.
E disto que… Vaia.
—O gitano deume mal a volta das fichas.
—Home! E daría!
October 8, 2019
Agora / sempre / xalundes
[image error]
Na guerra tamén arden os estancos.
September 27, 2019
Porque ao mellor pensas que si
[image error]
E veña que si, que si, que si, que ten que ser que si; pero despois xa case pensas que non, que ao mellor non, que quen sabe, que sabe dios, que a quen se lle conte, que ao mellor nin tanto, que ao mellor nin tan pouco…
E volves que se si, que podería ser que si, que ao mellor, que tal vez, que segundo se mire, que xa case o comprendes, que o tes na punta da lingua, que non che queda nadiña; pero despois xa nada, que non, que non e que non.
E insistes que si, que se tes que escribir “si” tres millóns de veces non tes dúbida e colles e vas escribes “si” tres millóns de veces e algunha vez máis, porque ata perdes a conta das veces que escribiches “si” do engorilado que estás escribindo “si” e “si” e vai outro “si” e dalle e veña e “si” por aquí e “si” por alá; pero despois igual xa vas pensando que non, que ao mellor con negar todo unhas tres veces xa vai así servido e queda o conto en que non e non lle hai máis que facer, porque un “si” só son un par de letras e un “non” son moitas letras de dios, un 50% máis de letras que un “si”… E aínda así…
Dis que si?
Si.
Pero non.
July 18, 2019
July 6, 2019
July 2, 2019
Cría corvos e estuda optometría
[image error]
Hihi-haha e aínda non comentara que aí estamos con Thee Blind Crows, nin que gravamos disco, nin que o sacamos (xa jodería gravalo e acabar meténdoo nunha caixa metálica destas de pastas que you use to gardar os apeiros de costura), nin que xa armamos xira e xa volvemos da xira e tampouco comentei que aí seguimos, que se un concerto, que se outro e veña descarga os amplis e veña volve cargalos e dálle e veña e pimba e da outra volta e outra vez…
—Mimá, tiña o blog ata arriba de polvo…
—Home, terías…
November 10, 2018
May 14, 2018
Here comes “Da Galician Poetra”
[image error]
Escoita e descarga a gravación íntegra dos recitais que ofrecín no V Ponme un Poema en Allariz o 24 de marzo de 2018 desde o meu BandCamp: Da Galician Poetra.
Catro recitais realizados en catro bares, nos que se condensa todo o preciso para acadar a autoinsuficiencia poético-persoal.
A continuación, unha explicación do que vas encontrar.
Venza sus miedos y escriba poesía hoy
Poemario de autoaxuda para quen é algo choromicas e non dá escrito poesía: a fórmula infalible. Porque, se algo necesita este mundo, é máis xente escribindo puta poesía.
Claro que si.
Los jugadores del Deportivo andan como motos
O mellor once da historia do R.C. Deportivo seleccionado por Samuel L. París.
Textos do poemario á reviravolta.
Le retro chuminauskas
C’est la magnifique poemariütenh, avec le textualdos from la chumin in da mornin.
Sesión infantil
Poesía para infantes, con textos dos poemarios paxariños, case todos os gatos que fun, poesía cativa. vol. 1: os animais e poesía cativa. vol. 2: mundo verde.
Educar os teus fillos é máis sinxelo do que pensabas.
Todo lo que necesita saber sobre Galician Literature en apenas 10 minutos
Cabanillas, Pondal, Curros Enríquez, Rosalía de Castro… O resume que che levan ocultando desde que xogabas en prebenxamíns e que che permitirá intervir en tertulias literarias coa estúpida solvencia de quen aínda cre na poesía (coma quen).
Importante: a partir do minuto 9:30 o poeta xace no chan cos ollos pechados e os brazos en cruz.
Caos, orde e caos outra vez
O traballo de fin de mestrado que debería estar enmarcado e colgado na porta do Panteón de Galegos Ilustres: anarquista, sexual e necrófilo.
Samuel L. París's Blog
- Samuel L. París's profile
- 2 followers
