Samuel L. París's Blog, page 4
May 10, 2021
5 ferramentas online gratuítas para rascar o bandullo cando estás de baixón

February 7, 2021
El mundo de la moda es la monda

Entrevista e lectura de textos da Internacional de Poesía Anarquista (Edicións Positivas, 2020) para o ZigZag Diario da TVG.
Grazas ao discurso inconsistente do autor, todo queda nun corte duns minutos cuns planos nos que colisionan frontalmente a bela arquitectura do Mercado de San Agustín e un peiteado impropio de quen pretende vivir en sociedade.
January 4, 2021
Recitalia generala

Vídeo do recital poético (la poesía) ofrecido nun acto que formaba parte do XXIII Certame Internacional de Regueifas organizado pola boa xente do CVC Valladares de Vigo.
Os poemas van un tras outro e tamén outras cousas, pero se ves xa o ves e xa está. O vídeo está extraído do vídeo completo que subiu a xente da organitatione.
Recítanse algúns textos da Internacional de Poesía Anarquista, que podes mercar na web de Edicións Positivas. Tamén podes non mercar o libro, pero vaia…
December 31, 2020
Poesía Poesía

Comezamos o 2021 forte! O 2 de xaneiro estarei o CVC de Valladares, en Vigo, a partir das 18.30 facendo parte da programación do XXIII Certame Internacional de Regueifas, no que será unha sesión complementaria a todo o que é le competitione avec la regueifisma e que contará tamén con Carlos Meixide, 8mm Teatro e coa presentación e recital de Lara do Ar.
IMPORTANTE!
Para acudir é necesario facer a reserva nesta web e cumprir os protocolos sanitarios e de vestimenta da nova normalidade (nada de aparecer cos calzóns polos nocellos).
Para quen non poidades acudir, tamén teredes dispoñible un streaming do asunto.
O asunto éche unha poesía molto seria
—Samu, e ti que vas facer?
—Poemas de ontemañá. Que se onte é onte, ontemañá é claramente hoxe.
—Pero que dis?!
November 13, 2020
MBA MAL Podcast
July 7, 2020
Internacional de Poesía Anarquista
[image error]
Xa podes facerte coa Internacional de Poesía Anarquista, a escolla de poesía libertaria do universo todo que realicei e que acaba de ver a luz grazas a Edicións Positivas.
Poemas seleccionados de trece autoras, autores e colectivos de diferentes latitudes, enfoques, experiencias e propostas.
—E onde podo mercalo, che?
Tes a opción de mercalo directamente na web de Edicións Positivas nesta ligatione.
E, a día de hoxe, está distribuído para todas estas librarías:
A Coruña
SISARGAS
A Coruña
MOITO CONTO
A Coruña
SUEVIA
A Coruña
XIADA
A Estrada
MARXE
Allariz
AIRA DAS LETRAS
Bertamiráns
LENDA
Bertamiráns
MAINOMEN
Betanzos
BIBLOS
Braga
CENTÉSIMA PÁGINA
Bueu
ABRENTE
Bueu
MIRANDA
Burela
NOBEL-BURELA
Cangas
VILAFER
Cangas
WELLS
Carballiño
ESCOLMA
Carballo
BRAÑAS
Carballo
CAMPOS-LER
Cee
LER
Celanova
CONDE
Cuntis
GRAÑA
Ferrol
CENTRAL (Dolores)
Foz
BAHÍA
Gondomar
LIBRAIDA
Lalín
NIGRAPONTE
Lugo
TRAMA
Lugo
LECTOCOSMOS
Monforte
AGRASAR
Noia
SEMENTEIRA
O Barco
MURCIEGO
Ourense
EIXO
Ourense
TANCO
Pobra
LER
Ponteareas
MILFOLLAS
Pontevedra
METÁFORA
Pontevedra
NOBEL-PONTEVEDRA
Pontevedra
PAZ
Porto
POETRIA
Santiago
COUCEIRO
Santiago
FOLLAS NOVAS
Santiago
PEDREIRA
Santiago
ILG
Santiago
AENEA
Santiago
ÁRTICO
Santiago
PALACIO
Santiago
PEDREIRA
Vigo
LIBROURO
Vigo
ANDEL
Vigo
CARTABÓN
Vigo
MENDINHO
Vila Nova de Cerveira
PORTA XIII
Vilagarcía
FOLLAS NOVAS AROUSA
Vilar de Santos
ARCA DA NOE
Viveiro
PORTA DA VILA
June 29, 2020
Isto é unha pipa
June 7, 2020
Hecatombe
[image error]
O vindeiro 8 de xullo estarei no Barco de Valdeorras, no Xardín da Casa Grande ás 20.30 coa miña “Hecatombe” poética dentro do programa da oitava edición de “De Perto”.
Bótalle un ollo ao caldo e ao programa, porque vén cargadiño como nécora ciclada con palabras, rimas e cancións da man de seres humanos do tamaño de Tamara Andrés, Xurxo Souto, Quico Cadaval e moitos máis.
—E xa está? E o da Hecatombe de que vai?
—Sabes a tranquilidade que dá estar nunha cociña mentres alguén está preparando un prato e ver que, nun momento, colle unha botella de viño e bota un pouquiño directamente na cazola? Coñeces esa sensación de tranquilidade? A tranquilidade de ver que alguén sabe o que ten entre mans.? Pois “Hecatombe” vai ser todo o contrario.
—Raio, irmán! Era todo o que tiñas que dicir!
[image error]
May 22, 2020
Leite de gaivota
[image error]
Durante o confinamento de 2020 (lembras?), ademais da proposta Miña poesía, meu lar, chegoume un convite para participar nuns recitais na conta de Instagram de Beber Leite Edicións, dentro dun ciclo que chamaron #CoronaIpsum.
Cando se publicou este vídeo aínda non rematara o Zero Pedrolo, pero pareceume unha boa oportunidade para probar algúns dos textos.
Aquí tes o resultado. E o de que sexa vídeo vertical é porque era para Instagram, mofetas.
April 17, 2020
Zero Pedrolo
[image error]
Este poemario foi escrito tras solicitar propostas de títulos a través de Twitter e de Instagram, seguindo a idea do samoponteatraballar de 2013.
Agradecido por terdes colaborado. El trabajo fue hecho.
zero pedrolo [PDF]
Samuel L. París's Blog
- Samuel L. París's profile
- 2 followers
