Samuel L. París's Blog, page 7

March 4, 2018

Allarizando el rizo

[image error]


O 24 de marzo estarei en Allariz, convidado pola Fundación Vicente Risco, no V Roteiro Poético Ponme un Poema. A partir das 20.00 darei catro recitais en catro bares*, nos que, ademais, seica van preparar un pincho con maridaxe especial para a ocasión.


Recomendo vir xa desde o comezo para ir tomando boa nota de como inflúe o mencía na interpretación poética de textos propios e elaborar unha infografía con ceras brandas. Ornitoloxía do choio lírico. Asexar por entre LOS SERVILLETEROS como é que se comporta LE RECITATEUR: o movemento das súas pálpebras, os acenos ao camareiro de “pedín 1906 de caña, non un tercio”, le traspiés avec le linguini, danzar como un robot de cociña mentres citas a Manuel Antonio cunha croqueta na boca.


Os bares a través dos que percorrerá esta orxía de metáforas e calambures serán o Bule Bule, A Micalla, A Despensa do Alarico e o Roi Xordo. No cartaz ata hai un mapa para que o poidas imprimir nun folio con pouca gramaxe e, así, superpoñelo sobre a pantalla do teu smartphone e ubicarte cando vaias como un lacasito.


Obxectivo do roteiro: resumir en catro recitais todo o que necesitas saber sobre a literatura dos últimos 5.000 anos e a primeira tempada da serie “A Nanny”.


[image error]


O 24 de marzo de 1905 morría Jules Verne. 101 anos despois, o 24 de marzo de 2006, ETA daba comienso a un alto el fuego, bajando las manos, moviendo la sintura, hacernos eso ay-ay-ay.


O 24 de marzo 2018 volve (non foi sen tempo) a poesía a Galicia.


Mata o can. Viva a rabia!


 


*Joder, refírome a que vai ser un recital por bar, non catro recitais en cada un! Dezaseis putos recitais… Vaia puto sinvivir**.


** Aínda que estaría simpático coller e armar catro recitais en cada un dos bares alegando confusión pola miña parte. Pecar por exceso. Desbordar por unha mala interpretación gramático-matemática. 

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on March 04, 2018 23:35

January 4, 2018

Avanzar

[image error]


O pasado 25 de novembro din o meu último concerto como baixista da Terbutalina. O día seguinte deixei, tamén, de ser o encargado de xestionar a web e mais os diferentes perfís da banda nas redes sociais.


Agradecido a todos os terbutalinos que pasaron pola banda e aos que quedan nela por todos os momentos vividos durante eses 7 anos e pico, polas horas e horas de ensaios, furgo, concertos, festas, conversas, gravacións, amizade e compañeirismo.


Agradecido a quen estivestes (e estades) aí sempre nas boas e nas malas. É unha sorte mirar atrás e observar a sorte que tiven de coñecer a tantísima xente boa.


E agora?


Avanzar.

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on January 04, 2018 01:35

July 26, 2017

Estudo sobre a cultura mundial dos últimos 32 anos e pico

Reveladores datos? Claro que si.


[image error]

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on July 26, 2017 00:28

May 30, 2017

Ninguém te ama…

…quando é refinado em fornalha ardente.


 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on May 30, 2017 12:58

October 26, 2016

O autor coñecido anteriormente como o autor

yojimberl


Hai unhas semanas, publicouse en BiosBardia unha crítica do meu poemario Inflamable.


—Para isto volves ao blog? Para dicir que se publicou unha crítica a un poemario teu de hai 4 anos? Vaia tipo, eh?


—Pe-pe-pero…


Prestoume (e asustoume) caer na conta de que xa pasaran 4 anos desde que lanzara o libro e tamén me lembrou que (hostia!) eu escribía. Con respecto ao artigo, alén das moitas boas palabras con respecto á obra (agora escribo palabras como “alén”), creo que, sobre todo, estou de acordo nas eivas que o autor da crítica encontra no poemario.


—¿Qué dices, Samuel? Volves escribir un artigo no blog só para dicir que estás de acordo nos puntos negativos dunha crítica da túa obra?


—Si, para iso, para garantisar la gobernabilidá y para alguna cosita más. Le o seguinte parágrafo.


A coña é que xa levaba con ganas de retomar a poesía (ahá!) e teño algo en mente para os vindeiros meses. Un proxecto que me podería prestar (diría yo) tanto como o de escribir un poemario a semana ou o de escribir poemarios a manopla.


Sempre que escribo “parágrafo”, realmente estou pensando “párrafo, párrafo, párrafo”.

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 26, 2016 23:03

March 19, 2016

Se a física cuántica é a resposta, yo me bajo eléctrico

XIRA TERBUTALINA


Non escribo nadita (na-di-ta) porque estou fabricando un tanque (mentira) e tocando con el grupo antes (e agora) conocido como Terbutalina. Estas son as datas da actual xira, pero hai algunhas máis que se anunciarán cando toque, porque as cousas hainas que facer ao ritmo que merecen.


Non podes sacar unha tortilla moi pronto do lume porque resultaría unha funesta paparrota, non? Pois neste caso pasa o mesmo.


Contemporizar. Callar. Tortilla con cebola.


Samu, ¿este artícolo es para demostrar que estás vívido o para escusarte por no escribir textos poéticos en la lengua de Gómez Besteiro?


—Para ámbalas e entrámbalas cuestións, cual milanesa de pechuga de poglio o alce de buey.

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on March 19, 2016 11:13

December 31, 2015

Non por moucho madrugar…

MOUCHINHO


Os últimos dous anos aproveitei estas datas para anunciar proxectos como o do poemario semanal ou o dos poemarios feitos a man. A lóxica di que non pode haber dous sen tres, mais ímoslle volver un bofetón á lóxica one more time. Vale que teño varios proxectos relacionados coa poesía (poesía, oístes?) en mente que quero materializar ao longo do ano, mais agora toca darlle de beber de mamar a outras prioridades. Entre estas prioridades está a de poñerme en paz coa literatura e con todo o que a rodea.


—¿Qué la rodea, Samu? ¿Mouchos?


Non, mofetas! Con todo, o 2015 foi un bo ano. Foi un gran ano. O dos poemarios feitos a man ao longo de todas as súas fases, pero destacando as entregas, resultou ser moi especial dado que…


—Samu, ¿vas a hacer un post de “mis niñxs, os quiero muchísimo” y esas mierdas?



Si, tes razón. Veña, remato este artigo no que, finalmente…



Non anunciei nada.
Se algo anunciei, foi que non tiña nada que anunciar.
Non fixen resume ningún deste ano.
Se serviu para algo foi para darme conta de que tiña un blog.
Conseguín non poñerme moi mofeta e dicir que o 2015 blablabla que si Terbutalina blablabla que si la gente es lo mejor cuando es lo mejor pero que si no lo es pues ya tal blablabla que si el Festival de la Montaña blablabla que si los mouchiños blablabla que si el 2016 blablabla…

E o 2016 vai ser aínda mellor que o 2015.


Tiñas plans?

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on December 31, 2015 02:06

October 27, 2015

A anaconda da miña veciña dá máis leite que a miña

LEITE SELECCIONADO


Pero as anacondas non dan leite.


Si, se llo buscas con cariño.


Hai uns anos, Estíbaliz Espinosa propúxome botarlle unha man para traducir un libro de José Luis Ducid.


Tempo despois, aquí tedes o Leite seleccionado adicionado de leite en po reconstituído enteiro pasteurizado homoxeinizado [PDF]


Bo proveito!

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 27, 2015 03:29

October 6, 2015

Rematamos o choio?

DESPEDIDAA pasada semana chegaron os últimos poemarios escritos a pulso ás mans dos seus donos. Con isto finaliza unha aventura que durou uns cantos meses, pero que resultou ser máis intensa do que marcaba o meu radar.


Desde a sorprendente resposta inicial, pola que tiven que aumentar o número de poemarios a escribir (quedando tamén xente en reserva), ata as diferentes entregas; este experimento superoume por todos os lados. Por un lado, superoume a nivel físico, porque había moitos anos que non escribía a man dúas follas seguidas; e, por outro lado, superoume a nivel mental, por moitos e diferentes motivos.


O certo é que a sensación de baleiro coa que rematei é realmente confusa. Se ben estou orgulloso de ter sacado adiante este asunto, noto que deixei ir algo que non volverá. E, o certo, é que resulta agradable e tamén triste, polo que está ben así.


Despois de todo só son quen de agradecervos a todas as persoas que vos embarcastes nesta historia coas que puiden compartir unha tolería máis (e cafés, cervexas e conversas) e a todas as que mostrastes interese no proxecto.


Vale, Samuel. Despois deste bocadillo de pasteles, que? Que é o próximo?


Hai varias ideas que teño en mente e que me gustaría sacar adiante, todas na mesma liña argumental de todo o que fago (le mongolisma). Agardo non tardar en armar outra insensatez destas.


E de verdade cres que é necesario que fagas estas cousas?


Non. Por iso as fago.

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 06, 2015 04:52

July 23, 2015

Paella, crema de sol e poesía feita a pulso

veranEntrevistáronme para o Caderno de Verán do Sermos Galiza.


Falo sobre os poemarios feitos a man, sobre o ben que o pasamos os Terbutalina cando imos de piscina municipal en piscina municipal e sobre o efecto afrodisíaco de untar os pezóns con sangue de caramuxa.


Todo iso, e máis, poderás lelo AQUÍ [PDF].

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on July 23, 2015 04:34

Samuel L. París's Blog

Samuel L. París
Samuel L. París isn't a Goodreads Author (yet), but they do have a blog, so here are some recent posts imported from their feed.
Follow Samuel L. París's blog with rss.