Hummelhonung Quotes

Rate this book
Clear rating
Hummelhonung (Swedish Edition) Hummelhonung by Torgny Lindgren
1,323 ratings, 3.69 average rating, 114 reviews
Hummelhonung Quotes Showing 1-3 of 3
“O máis sobranceiro da vida en soidade é que rematas coñecéndote a ti mesmo. Non hai necesidade de tratar de entender a ninguén. Podes dirixir todas as túas cavilacións cara a dentro. Neste momento, e estou ben certo diso, non hai nada no meu interior que me resulte descoñecido. (P. 81)”
Torgny Lindgren, Hummelhonung
“É algo tremendo cando unha persoa non leva o nome axeitado, e debe vivir toda unha vida cun nome errado. É por unha parte ela mesma, pero pola outra está forzada a ser outra persoa distinta. (PP. 78–79)”
Torgny Lindgren, Hummelhonung
“Os seres humanos non entendían a lentitude, só entendían o que se movía á súa mesma velocidade. A montaña que se desfacía e o bosque de piñeiros que crecía e esmorecía e as pedras que asomaban dende dentro da terra, iso non o comprendían; nin sequera entendían como lles medraban as súas propias unllas. O ser humano lía os xornais para se inchar cos sucesos e co tempo. Pero a lentitude facíase moito máis resistente e forte co paso do tempo. O tempo remataba rápido, pero a lentitude non remataba case nunca. Na lentitude, case todo era contemporáneo. O tempo era coma os mosquitos e coma os cínifes. Era unha enorme vaca a rumiar. O home que se entregase ao tempo, despois non tiña un pasado, senón algo que pasara, que se desgastara e que se consumira. E sen o seu pasado, o ser humano non era máis ca un remosque. Un pasado levado con consciencia e lentitude era o único material para criar unha persoa resistente. (PP. 54–55)”
Torgny Lindgren, Hummelhonung