O Ceo de Santiago Quotes
O Ceo de Santiago
by
Alexandre Alphonse8 ratings, 4.88 average rating, 3 reviews
O Ceo de Santiago Quotes
Showing 1-4 of 4
“Que duro é voltar a nacer! Máis duro aínda volver a morrer!! Que duro é andar de vida en vida!!! Ser sen saber ren, ser sen bo camiño, temor e dúbida de ser ou non ser e un futuro terror programado e programándose continuamente supurando erros e/ou engadindo novas liñas erradas que alongan un mal camiño errado dende a matriz. Sufrir pola vida e pola luz e non saber a onde vou nin onde estou! Peixe agonizante na cuberta dun barco sen mariñeiros, picado por albatros moribundos e xa uliscado polos primeiros lirios en abandoar a embarcación.”
― O Ceo de Santiago
― O Ceo de Santiago
“Aínda cres, nun estrato moi profundo do teu inconsciente, soñar que soñas nun soño onde soñas que non podes escapar dun soño que sabes que estás a soñar, pero, Sabela, miña filla, a miña santa compaña bastará para sandar.”
― O Ceo de Santiago
― O Ceo de Santiago
“Os querubes cantan ao redor do trono de luz e tocan guitarras eléctricas Fender Jazzmaster, a través de amplificadores Orange, con moitos pedais EarthQuaker Devices.”
― O Ceo de Santiago
― O Ceo de Santiago
“A Biblia de Xerusalén di: Calquer ferida, menos a do corazón! É dicir: calquer ferida, menos a da vida.”
― O Ceo de Santiago
― O Ceo de Santiago
