Nada se esquece, unha lectura que engaiola
Esta é unha desas semanas nas que me dou conta cabal do afortunado que
son por ter a oportunidade de dedicarme ao que me dedico. E non falo por
unha vez de escribir, senón da miña "outra" vocación: a de editor. E é
que acaba de saír de imprenta o último libro da colección Autores
independentes de Redelibros, Nada se esquece, de Puri Ameixide.Laura Souto, unha rapaza dunha pequena vila galega a mediados da década dos setenta, narra as vivencias coas que vai construíndo a súa identidade e a súa visión do mundo: as súas primeiras lembranzas, as grandes preguntas sobre o sentido da vida, a morte dun ser querido, a descuberta do amor e do sexo, os plans para o futuro, achados e perdas con que se tece unha vida.Nada se esquece é, xa o adiviñastes, unha novela de aprendizaxe, unha incursión por ese
territorio incógnito onde se forxa a nosa personalidade, a nosa forma de
estar no mundo. Pero o máis importante é que se trata dun libro
delicioso. É unha desas obras que transpiran un non-sei-que, un
aire a sabedoría, unha sutileza e unha tenrura que nos
atrapan. Tiven a fortuna de coñecer a Puri Ameixide grazas a Redelibros,
a nosa rede social de literatura, e de compartir con ela un fin de
semana literario nunha casa rural hai xa uns cantos meses. Foi alí cando
me dixo que se animaba a publicar esta novela que agora chega ás librerías e que
levaba uns cantos anos agardando o seu momento nun caixón. Non
sabedes canto me alegro de ter algo que ver na súa decisión, aínda
que só sexa a de servir de catalizador. Porque este é un deses libros
que se gozan e, sobre todo, que se recordan.E é, tamén, unha demostración máis de algo que cada vez teño máis claro: que temos que desterrar xa as
nosas concepcións petrificadas sobre o mundo editorial. Que ao redor de nós, non me cansarei de dicilo, estase a producir unha verdadeira
revolución editorial. Desde que comezamos coa colección de Autores
Independentes de Redelibros non paro de asombrarme da gran cantidade
de talento, de verdadeiro talento, que agocha este país. Novelas como Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full (un libro inclasificable, sorprendente, fresco), El asedio, de Miguel Otero Furelos (elixida mellor obra en castelán do 2012 polos usuarios de Redelibros), Fugaz coincidencia de José Estévez López (que en apenas tres meses xa acadou a terceira reimpresión, e suma e segue); libros de poesía como Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez (lúcido, profundo, emocionante); ou libros de relatos como Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira ("Un dos mellores libros de 2012, un autor que hai que seguir moi de cerca", según o crítico Xosé M. Eyré) ou Eu son deus e outros contos, de Pere Tobaruela (un autor consagrado e recoñecido que nos mostra nestes relatos a súa vertente máis inxenua e pícara) son demostracións evidentes de ese talento do que falo, pero sobre todo son a proba de que esta nova vía de edición é perfectamente válida, pois ten capacidade para o máis importante: chegar aos lectores, atrapalos, atopar o seu recoñecemento, establecer esa comunicación bidireccional que é a basa da literatura e da creación. Si, desde logo, esta é unha boa semana, e a publicación de Nada se esquece unha excelente nova. Para min, que tiven a honra e a fortuna de editala. Pero, sobre todo, para vos, que tedes a sorte de non habela lido aínda, de poder gozala por primeira vez. Para todos nós, en realidade, como parte que somos deste universo literario galego. Porque Nada se esquece é unha novela das que merecen quedar no noso acervo común.

Published on March 25, 2013 00:06
No comments have been added yet.