Un mételle unha chantada ao polbo e another one bites the dust, porque é cuestión de perspectiva

Cando será a última semana de poesía?” non é o mesmo que preguntarse “cando será a última semana da poesía?“.

A semana pasada estiven dándolle á poesía ou a poesía deume a min? Ou doeume? Fun ata Miño e pasei do Eume. Hidrografía, te pongas como te pongas. Chicha de jora con gasosa.

Estiven nas areiais:sonoras e no canto das dunas exercendo de poeta e de impresentable (50/50). Uxío tivo moita paciencia aceptando os meus alegatos luditas e a miña incapacidade para acabar de formular un argumento en cincuenta e pico minutos de conversa.

E tamén estiven no Loro Facu (con presenza corpórea da persoa as himself) e estas fotografías de Pedro Galbán demóstrano de xeito estático (dinamismo) e estético (formalismo). O público, a organización, o equipo técnico e as poetas que me acompañaron tamén tiveron a santa paciencia de aguantar a miña [INTRODUZA CALQUERA TIPO DE CARACTERÍSTICA PERSOAL MINIMAMENTE RELACIONADA CO TALENTO], o cal agradezo en grao sumo e por escrito.

Te lo dicen y te tienes que reír.

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on August 09, 2022 07:44
No comments have been added yet.


Samuel L. París's Blog

Samuel L. París
Samuel L. París isn't a Goodreads Author (yet), but they do have a blog, so here are some recent posts imported from their feed.
Follow Samuel L. París's blog with rss.