Funny stuff in a galician blog

Aínda que todo o mundo pense que no tempo se viaxa en liñas rectas, todo apunta a que se fai cur-ve-an-do.

Aínda que todo o mundo pense que o bo de viaxar ao pasado podería ser non cometer os erros nos que fomos caendo ao longo destes anos, todo apunta a que o mellor é chegar coas nosas actuais faltadas e insultos futuristas e presentalos como artiluxios anacronicamente máxicos. A arte1 do insulto.

Aínda que todo o mundo pense que existe unha necesidade natural en viaxar no tempo, o que realmente necesitas é saber que podes morrer e que podes aproveitar a situación para facer unhas bromas. A arte2 da chanza.

1 Suscranfivo pemenino.

2 Cada cousa que escribes é unha oportunidade fronte á nada. Oportunidade que, obviamente, acabas jodendo con jota.

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on December 26, 2021 10:33
No comments have been added yet.


Samuel L. París's Blog

Samuel L. París
Samuel L. París isn't a Goodreads Author (yet), but they do have a blog, so here are some recent posts imported from their feed.
Follow Samuel L. París's blog with rss.