Publicó su primer libro de poesía, pero le sigue picando el pito

O xoves 5 de agosto ás 21.00, para celebrar a Feira do Libro da Coruña, marcharei a Lugo para obrar a poesía dentro do ciclo Tarde e Tardiña, acompañando a Xurxo Chapela e Piti Sanz.

Enténdase neste contexto o termo “acompañar” como unha concatenación lineal non mesturada de recitados, uso percutivo do plectro contra a forma guitarroidea e a materialización muradá de cagarse na collona.

Todo isto terá lugar na Canella do Hospital. Se chove (que non vai chover), será carpa da praza da Soidade, polo que, de ser ese o caso e para dotar o evento de certa coherencia, debería estar eu alí só.

Ah! A entrada é gratuíta ata completar a cabida do recinto, aínda que, persoalmente, creo que vos habían cobrar un ollo da cara.

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on August 03, 2021 09:34
No comments have been added yet.


Samuel L. París's Blog

Samuel L. París
Samuel L. París isn't a Goodreads Author (yet), but they do have a blog, so here are some recent posts imported from their feed.
Follow Samuel L. París's blog with rss.