Hecatombe

[image error]


O vindeiro 8 de xullo estarei no Barco de Valdeorras, no Xardín da Casa Grande ás 20.30 coa miña “Hecatombe” poética dentro do programa da oitava edición de “De Perto”.


Bótalle un ollo ao caldo e ao programa, porque vén cargadiño como nécora ciclada con palabras, rimas e cancións da man de seres humanos do tamaño de Tamara Andrés, Xurxo Souto, Quico Cadaval e moitos máis.


—E xa está? E o da Hecatombe de que vai?


—Sabes a tranquilidade que dá estar nunha cociña mentres alguén está preparando un prato e ver que, nun momento, colle unha botella de viño e bota un pouquiño directamente na cazola? Coñeces esa sensación de tranquilidade? A tranquilidade de ver que alguén sabe o que ten entre mans.? Pois “Hecatombe” vai ser todo o contrario.


—Raio, irmán! Era todo o que tiñas que dicir!


[image error]

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on June 07, 2020 23:45
No comments have been added yet.


Samuel L. París's Blog

Samuel L. París
Samuel L. París isn't a Goodreads Author (yet), but they do have a blog, so here are some recent posts imported from their feed.
Follow Samuel L. París's blog with rss.