El misterio de los hijos de Lúa Quotes

Rate this book
Clear rating
El misterio de los hijos de Lúa El misterio de los hijos de Lúa by Fina Casalderrey
203 ratings, 3.71 average rating, 26 reviews
El misterio de los hijos de Lúa Quotes Showing 1-1 of 1
“Xa sei por onde saen os gatiños porque mo explicou mamá. Díxome que saen por un buratiño que teñen por onda o rabo. O que aínda non descubrín, é por onde entran.

Mamá di que aparecen na barriga cando a gata se xunta cun gato que lle gusta. Se se arriman moito, se se fan noivos e se queren moitísimo, pode pasar iso. Díxome que tamén pasa coas persoas, pero é mentira. Eu quero moito a Branca, e ata lle dei un bico onde hai que dalos para ser noivos, na boca, e Branca non vai ter gatiños nin nada.

Creo que hai que face-lo amor, que é durmir xuntos coma nas películas. Coma mamá e papá non vale, eles son da familia; e ademais non poden estar namorados porque están casados. Non son noivos.”
Fina Casalderrey, El misterio de los hijos de Lúa