Merlín e familia Quotes

Rate this book
Clear rating
Merlín e familia Merlín e familia by Álvaro Cunqueiro
515 ratings, 3.48 average rating, 59 reviews
Merlín e familia Quotes Showing 1-3 of 3
“[...] i eisí como asa leiras dan o pan, os camiños dan as xentes, as pousadas, as falas, os países”
Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia
“Ás vegadas, por facer festa, o señor Merlin saía á eira, e nunha copa de cristal chea de auga verquía dúas ou tres gotas do licor que il chamaba "clos países", e sorrindo, con aquela aberta sorrisa que lle enchía a franca faciana como enche o sol a mañán, preguntábanos de qué coor queríamos velo mundo, e sempre que a min me tocaba responder, eu decía que de azul, i entón don Merlin botaba a iauga, ao áer, e por un segundo o mundo todo, Esmelle todo arredor, as brancas torres de Belvís, as pombas i o can Ney, o roxo pelo de Manoeliña, a branca barba de mi amo, o cabalo tordo, as bidueiras de Quintás i o toxo da coroa do Castro, todo era unha longa nuben azul que pouco a pouco se esvaía.”
Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia
“Non se collen troitas a bragas enxoitas.”
Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia