Xente de aquí e de acolá Quotes
Xente de aquí e de acolá
by
Álvaro Cunqueiro108 ratings, 3.82 average rating, 13 reviews
Xente de aquí e de acolá Quotes
Showing 1-2 of 2
“Un día calisquer deitouse, e soou que o rañaba no lombo un enano do abade meirego. Tanto soñara cos enanos de cámara do mitrado bernaldo, que os tiña sempre servís e puntuais na maxinación nouturnia. O enano rañábao a dúas mans, cos dous pulgares, que parece que sexa esta a cortesía do rañar, e non á mangarra. Penedo soñaba que o enano estábao rañando, e estando no millor, vai e parou, e axoenllouse.
-E entón –contábame Penedo- eu despertei. O enano estaba aos pés da miña cama. Era coma un canciño, fóra a alma, cunhas bragas verdes e uns ollos mouros. E vou eu e díxenlle que me rañase, que quería seguir durmindo, pro el non me non podía rañar porque eu non estaba durmindo. Cando llo contei ao señor cura de Vilares, díxome que non o entendía ben, agás que se tratase dun enano metafísico… Vaia, o enano non me rañaba e eu non me adormecía.”
― Xente de aquí e de acolá

“Entre uns, que pois cho pregunto si os houbo e hai ou non, non sei ben si os houbo ou hai, e entón eu, nas miñas dúbidas, remato perguntándome –perguntándoche-, si houbo ou hai, ou non, un Álvaro Cunqueiro. Como podería saber eu tanto distes si non os houbo nin hai, senón non habendo sido, ou non sendo?”
― Xente de aquí e de acolá
― Xente de aquí e de acolá