Boas! Tardou, pero xa teño o vídeo de Viaxe sen cancelas, o poemario de Xesús Bermúdez Tellado que presentamos o 4 de outubro en Santiago, na libraría Follas Novas. Ben, en realidade só é a primeira parte, porque a segunda (fantástica segunda parte, asegúrovolo, a lectura dalgúns poemas do libro que fixo a actriz Maxo Barjas co acompañamento musical do violonchelista Guillermo Alzugaray) subireina un día destes, cando a teña dispoñible. Recoméndovos que nos vola perdades, porque foi un momento realmente especial...Mentres tanto, déixovos con esta presentación de Viaxe sen cancelas. Por certo que o autor, Xesús Bermúdez, estará con nós en Vigo para presentar a súa obra e asinar exemplares na nosa festa do segundo aniversario de Redelibros, o 9 de novembro en Vigo. Como tamén estará Miguel Otero Furelos, autor de El asedio, que por certo presentamos hoxe mesmo na libraría Cartabón de Vigo. Se queredes saber máis sobre esta presentación, aquí tedes o enlace ao evento cos datos. Déixovos co vídeo...
Published on October 18, 2012 02:31