Derradeiros estertores
vent�s a medio fechar
de follas desgonzadas
t�boas rotas contra a porta
fanada, triste
musgo desgre�ado que non consegue ocultar
tellas rotas ou ausentes
fachadas con manchas que van devorando
a eternidade da pedra
coma o cancro
m�beis que son restos de fogueiras
que non calmaron o fr�o
anacos de leito sen descanso
estelas que se cravan
e non fan sangrar as lembranzas
aquel edificio erguido contra o mar
lugar en que xogaron � ilusi�n de refuxiarse
nunha oraci�n
tan in�til coma os recordatorios que quedaron nas gabetas
deveu ru�na
ferida no barrio vello
entre as ruelas en que se teceu a memoria
da fame e dos segredos
esl�ese
nesa aparente somnolencia
dos derradeiros estertores
Marta Dacosta Alonso
Poema in�dito-xullo de 2018
Published on August 24, 2018 02:30