* Title: Who the fuck is Alice? * Author(s) name(s): Rebeca Baceiredo * ISBN (or ASIN): 978-65-5900-359-4 * Publisher: Editora Urutau * Publication Date Year: 2022 * Publication Date Month: N/A * Publication Date Day: N/A * Page count: 100 * Format: Paperback * Description: Nada debe ser fotografado fóra do que debe ser fotografado. O título do libro que presenta as series fotográficas que compoñen a obra Who the fuck is Alice? remite á obra de Bourdieu A arte media, unha análise sociolóxica sobre a fotografía. Recollendo o que aí se sinala, exponse que na expansión desta arte ou técnica a través da sociedade de masas os límites delimitan o extraordinario: nun primeiro momento, o cotián non debe ser transcendido, o espazo da fotografía é o extraordinario, o non convencional. Mesmo unha vez que a esfera privada é recollida para transmutar recordos en algo con maior consistencia, recoñécese que hai fotos para ser mostradas á familia e outras que poden ser mostradas a estraños. A partir destas dinámicas créase unha sorte de escenografía da intimidade. A situación actual, coa proliferación das redes sociais, é oposta: os límites son borrados e o espazo público codifica o privado, mentres que o privado absorbe o público. Proxéctase a rigorosa construción do eu ideal, segundo o modelo dominante: reitérase a exposición do personaxe, do simulacro, como para facer del algo así como unha esencia. A consistencia búscase agora, non para o pasado evanescente, senón para ser. Como sabemos, a posmodernidade conservadora que desenvolve o sistema non supera a metafísica da substancia. Estas series habitaría o in-between, en tanto que se centra en mostrar a construción das identidades, especificamente a de xénero, buscando nelas liñas de fuga que se despreguen con humor. É unha deconstrución dos atávicos arquetipos sociais que se superpoñen, reducindo o que somos e podemos ser aos meros avatares. Mostrar o que non debe ser mostrado é necesariamente incómodo.
* Author(s) name(s): Rebeca Baceiredo
* ISBN (or ASIN): 978-65-5900-359-4
* Publisher: Editora Urutau
* Publication Date Year: 2022
* Publication Date Month: N/A
* Publication Date Day: N/A
* Page count: 100
* Format: Paperback
* Description: Nada debe ser fotografado fóra do que debe ser fotografado.
O título do libro que presenta as series fotográficas que compoñen a obra Who the fuck is Alice? remite á obra de Bourdieu A arte media, unha análise sociolóxica sobre a fotografía. Recollendo o que aí se sinala, exponse que na expansión desta arte ou técnica a través da sociedade de masas os límites delimitan o extraordinario: nun primeiro momento, o cotián non debe ser transcendido, o espazo da fotografía é o extraordinario, o non convencional. Mesmo unha vez que a esfera privada é recollida para transmutar recordos en algo con maior consistencia, recoñécese que hai fotos para ser mostradas á familia e outras que poden ser mostradas a estraños. A partir destas dinámicas créase unha sorte de escenografía da intimidade.
A situación actual, coa proliferación das redes sociais, é oposta: os límites son borrados e o espazo público codifica o privado, mentres que o privado absorbe o público. Proxéctase a rigorosa construción do eu ideal, segundo o modelo dominante: reitérase a exposición do personaxe, do simulacro, como para facer del algo así como unha esencia. A consistencia búscase agora, non para o pasado evanescente, senón para ser. Como sabemos, a posmodernidade conservadora que desenvolve o sistema non supera a metafísica da substancia.
Estas series habitaría o in-between, en tanto que se centra en mostrar a construción das identidades, especificamente a de xénero, buscando nelas liñas de fuga que se despreguen con humor. É unha deconstrución dos atávicos arquetipos sociais que se superpoñen, reducindo o que somos e podemos ser aos meros avatares. Mostrar o que non debe ser mostrado é necesariamente incómodo.
* Language (for non-English books): Galician
* Book cover: https://editoraurutau.com/wp-content/...