Escribo para apuntalar noites de Lúa Chea cando o ceo é unha fábrica de facer ladrillo.
Escribo para ofrecerche e xuntos compartis os poucos soños que me quedan, para non derrumbarme na soedade e na friaxe deste edificio declarado en ruinas que son.
Escribo para non sentir esta distancia das xemas dos teus dedos que abriu fendas irreparables nas paredes do meu peito.
Escribo si necesariamente como o ar que respiro para poder camiñar cos meus pés de barro neste río de lastras que me leva.
noites de Lúa Chea
cando o ceo
é unha fábrica de facer ladrillo.
Escribo para ofrecerche e xuntos compartis
os poucos soños que me quedan,
para non derrumbarme
na soedade
e na friaxe
deste edificio
declarado en ruinas
que son.
Escribo para non sentir esta distancia
das xemas dos teus dedos
que abriu fendas irreparables
nas paredes do meu peito.
Escribo si
necesariamente como o ar que respiro
para poder camiñar
cos meus pés de barro
neste río
de lastras
que me leva.
De Rompendo os adivais da gorxa (2001)