In Russia's struggle with Napoleon, Tolstoy saw a tragedy that involved all mankind.
War and Peace broadly focuses on Napoleon’s invasion of Russia in 1812 and follows three of the most well-known characters in literature: Pierre Bezukhov, the illegitimate son of a count who is fighting for his inheritance and yearning for spiritual fulfillment; Prince Andrei Bolkonsky, who leaves his family behind to fight in the war against Napoleon; and Natasha Rostov, the beautiful young daughter of a nobleman who intrigues both men.
As Napoleon’s army invades, Tolstoy brilliantly follows characters from diverse backgrounds—peasants and nobility, civilians and soldiers—as they struggle with the problems unique to their era, their history, and their culture. And as the novel progresses, these characters transcend their specificity, becoming some of the most moving—and human—figures in world literature.
Tolstoy gave his personal approval to this translation, published here in a new single volume edition, which includes an introduction by Henry Gifford, and Tolstoy's important essay `Some Words about War and Peace'.
Lev Nikolayevich Tolstoy (Russian: Лев Николаевич Толстой; most appropriately used Liev Tolstoy; commonly Leo Tolstoy in Anglophone countries) was a Russian writer who primarily wrote novels and short stories. Later in life, he also wrote plays and essays. His two most famous works, the novels War and Peace and Anna Karenina, are acknowledged as two of the greatest novels of all time and a pinnacle of realist fiction. Many consider Tolstoy to have been one of the world's greatest novelists. Tolstoy is equally known for his complicated and paradoxical persona and for his extreme moralistic and ascetic views, which he adopted after a moral crisis and spiritual awakening in the 1870s, after which he also became noted as a moral thinker and social reformer.
His literal interpretation of the ethical teachings of Jesus, centering on the Sermon on the Mount, caused him in later life to become a fervent Christian anarchist and anarcho-pacifist. His ideas on nonviolent resistance, expressed in such works as The Kingdom of God Is Within You, were to have a profound impact on such pivotal twentieth-century figures as Mohandas Gandhi and Martin Luther King, Jr.
Outro día escribo a opinión da miña lectura completa, que acabo de rematar.
Esta de aquí abaixo é de cando o comecei e o deixei en 2017:
É un mal trago deixar un libro logo de ler un milleiro de páxinas e a pouco máis de 200 para rematalo, pero esta lectura resultábame demasiado frustrante para seguir adiante. Primeiro, porque me metín neste libro no momento equivocado e nunca lle puiden dar a continuidade que requería. Segundo (e sobre todo) porque merquei a edición equivocada.
Por se a alguén lle interesa: non merques a edición de Debolsillo, con tradución de Gala Arias Rubio, porque é un despropósito. Tardei moito en darme conta de que non estaba a ler a edición definitiva do propio Tolstoi, senón un primeiro borrador publicado seis anos antes. Nese tempo, Tolstoi modificou as tramas e o texto por completo, polo que esa edición pode ser de interese para estudosos da súa obra, pero é unha trampa para un lector desprevido coma min.
A tradución de Arias Rubio está chea de repeticións, imprecisións, frases forzadas... Se cadra era así esa primeira versión do autor, non sei ruso e non podo dicir se se trata de fidelidade ao orixinal ou desleixo coa linguaxe. Pero, aínda supoñendo que os problemas do texto puidesen ser de Tolstoi e non da tradutora, non sei que sentido ten que o texto inclúa erros como dicir do mesmo personaxe na mesma páxina que era sueco e de Suíza.
Chegou un momento que me desesperei con estas cousas e sabendo que o destino de Andrei, Natasha, Pierre etc non era o mesmo no libro que eu estaba a ler que na versión que Tolstoi deu por definitiva. Así que preferín non rematalo. Lereino cando me xubile.
Escribo esta reseña varios días despois de ter rematado o libro, sen medo a que o pouso que deixou se extinga e me impida dar forma á miña opinión. Ao contrario, coido que ese pouso quedará por sempre e que co tempo dará a luz a novas perspectivas sobre o lido. Sinto que como lector haberá un antes e un despois da lectura deste libro, como só acontece cuns poucos títulos.
Vendo o espazo que ocupan na estantería as súas mil e pico páxinas, agora, paréceme pouco. Non podo ter un Picasso na parede, ou unha sinfónica interpretando a Mozart no salón, como moito unha copia ou unha reprodución delas, pero si podo ter Guerra e Paz de Tolstoi no estante, a obra na forma en que foi concibida para ser experimentada e non un sucedáneo. Non hai artificios narrativos, non hai plot twist nin tramas forzadas a conveniencia da historia, nin tampouco un argumento que se poida resumir nunhas poucas liñas aparte das que achega o título: guerra e paz. Unha panorámica dun anaco do mundo, a posibilidade de mirar un lienzo en movemento polo simple feito de velo.
Vou salientar simplemente unha cousa máis: a forma na que Tolstoi crea persoas. Tolstoi é un Prometeo que ten á súa disposición a argamasa da que está feito o ser humano e moldea con ela uns personaxes que cando actúan, falan e pensan fanno provistos desa esencia que todos temos dentro e nos fai reais. Polo menos eu vexo neles algo que está en min e nas persoas que coñezo, e dado que non son un aristócrata ruso do século XIX, infiro que esa esencia é algo universal, que iso é ser humano. De onde sacou Tolstoi esa argamasa non o sei, quizais dunha capacidade innata, quizais da experiencia ou do estudo, pero sei que podía ver a través das persoas e comprender os engrenaxes que as moven, e quizais de comprenderse a si mesmo, non sei se tanto. Só así podo explicar esa capacidade de retratar a vida.
Direi tamén, para rematar, que non é un libro difícil de ler pero que non é para ler en calquera momento. Eu tiven a fortuna de lelo no momento idóneo, por tempo e circunstancias vitais, para desfrutalo en todo o seu esplendor. É un libro para ter na estantería o tempo que faga falla ata que un estea preparado para collelo, e cando o fagas non te defraudará.