Published in 1942 by French author Albert Camus, The Stranger has long been considered a classic of twentieth-century literature. Le Monde ranks it as number one on its "100 Books of the Century" list. Through this story of an ordinary man unwittingly drawn into a senseless murder on a sundrenched Algerian beach, Camus explores what he termed "the nakedness of man faced with the absurd."
Works, such as the novels The Stranger (1942) and The Plague (1947), of Algerian-born French writer and philosopher Albert Camus concern the absurdity of the human condition; he won the Nobel Prize of 1957 for literature.
Origin and his experiences of this representative of non-metropolitan literature in the 1930s dominated influences in his thought and work.
Of semi-proletarian parents, early attached to intellectual circles of strongly revolutionary tendencies, with a deep interest, he came at the age of 25 years in 1938; only chance prevented him from pursuing a university career in that field. The man and the times met: Camus joined the resistance movement during the occupation and after the liberation served as a columnist for the newspaper Combat.
The essay Le Mythe de Sisyphe (The Myth of Sisyphus), 1942, expounds notion of acceptance of the absurd of Camus with "the total absence of hope, which has nothing to do with despair, a continual refusal, which must not be confused with renouncement - and a conscious dissatisfaction." Meursault, central character of L'Étranger (The Stranger), 1942, illustrates much of this essay: man as the nauseated victim of the absurd orthodoxy of habit, later - when the young killer faces execution - tempted by despair, hope, and salvation.
Besides his fiction and essays, Camus very actively produced plays in the theater (e.g., Caligula, 1944).
The time demanded his response, chiefly in his activities, but in 1947, Camus retired from political journalism.
Doctor Rieux of La Peste (The Plague), 1947, who tirelessly attends the plague-stricken citizens of Oran, enacts the revolt against a world of the absurd and of injustice, and confirms words: "We refuse to despair of mankind. Without having the unreasonable ambition to save men, we still want to serve them."
People also well know La Chute (The Fall), work of Camus in 1956.
Camus authored L'Exil et le royaume (Exile and the Kingdom) in 1957. His austere search for moral order found its aesthetic correlative in the classicism of his art. He styled of great purity, intense concentration, and rationality.
Camus died at the age of 46 years in a car accident near Sens in le Grand Fossard in the small town of Villeblevin.
O prota é un existencialista ou simplemente é autista? Está todo o tempo queixándose de que ten calor, que hai moita xente, que non sabe que dicir, non entende as convencións sociais... meu rei, estabas saturado de estímulos, non xustifica que matases a ninguén pero a resposta está aí. Puxeras lentes de sol!
This entire review has been hidden because of spoilers.
Gustoume si, pero non sei moi ben como quedo logo de o ler. Quizais sexa por telo lido en francés, que obviamente me complica a comprensión, pero quedo coa sensación de que a miña escasa capacidade intelectual non me permite ir moito máis alá no significado da obra. Ademais, as movidas en torno á morte… como que me abomban os miolos, para variar. Con todo, un xeito de escribir chulísimo. Terei que o volver ler en galego ou castelán nalgún momento, quizais, quen sabe.
Non adoito reler libros, pero non podo explicar por que, fai unha semana sentín a necesidade de facelo con este. Creo que, en realidade, era por decatarme de que xa case non lembraba as particularidades da obra.
Ao lelo por segunda vez, reparei en pasaxes que tiña marcadas da anterior lectura e engadín novos marcadores onde daquela non vira nada.
Creo que o que mellor resume o que penso sobre o libro é que nunca pensara que a narración dun morto en vida puidese ser tan cautivadora. A propia voz narrativa evoluciona co avance da historia. Camus logra espertar empatía por un sociópata. É unha obra marabillosa.
alguén me pode dar algo que ler que non me proporcione a necesidade de escribir unha redación de mais d 100 páxinas? i need a break porfavor me meto yo sola en estos fregaos
Vin hai pouco "Lady Bird", película que arranca coa protagonista e a sua nai escoitando no coche a casette número 21 e derradeira da versión de audio de "As uvas da ira" de Steinbeck. A escena pareceume simpática, e espertoume de novo a curiosidade por experimentar a escoita de libros. Así que busquei en Ivoox opcións dispoñibles e dei con "El extranjero". Nunca lera a Camus, xa era hora. Cando saio correr fágoo case sempre con auriculares: nos últimos días substituín a música e os podscats de Nieves Concostrina polas narracións faladas, primeiro "Las babas del diablo" de Cortázar (enigmático, tremendamente plástico e por riba moi ben contado) e logo xa esta miña primeira novela oída. Foi unha experiencia estraña: a lóxica di que correr require motivación e resulta chocante facelo escoitando as "andanzas" de Meursault, tan voluntariosamente desapaixonado como Bartleby, tan a mercede das circunstancias como o Jim Nashe de "A música do azar". Pero ten a súa graza: as pernas van por un lado e a cabeza por outro. Mágoa que a narración non fose moi boa e mágoa que os coches e camións cos que me cruzaba me roubaran palabras. Os capítulos finais linos nun ambiente máis tranquilo: fregando a louza. Ao cabo a experiencia foi gratificante porque o libro é bárbaro. Non son un experto na materia para aseguralo, pero teño a sensación de que o personaxe de Mersault proxecta unha sombra moi grande sobre a literatura posterior. Nihilista, desarraigado, descreído: parece que renuncia á vontade e que renega da transcendencia dos actos para simplemente aceptar os feitos, vivir as súas circunstancias sen atoparlles sentido nin procurar cambialas. Xa está máis que falada a relación do libro co seu contexto, o mundo nos anos da segunda guerra mundial. Imaxino o impacto que debeu ter nos que o leron entón. Imaxino a máis de un ou unha con ganas de irse a Arxel a sacudilo un pouco: "Espabila, neno!". Disfrutei moito tamén da prosa directa, seca como a historia que narra e a paisaxe na que transcore. Sen alardes de estilo, consigue unha narración precisa na que quedei atrapado. É marabilloso o inicio e, en conxunto, todo o capítulo primeiro, dedicado á morte e enterro da nai do protagonista, así como o que dedica a describir como ve Mersault a prisión Tamen é fantástica a narración do proceso e os poucos personaxes secundarios, que constrúe con poucas pinceladas, como Raimundo e Salamano. Concluíndo: lerei máis de Camus, escoitarei máis audiolibros.
Un tanto decepcionante. Unha historia pouco interesante. Supoño que o trasfondo é o máis importante do relato, mais tampouco creo que transmita unha idea tan poderosa. Creo, aínda que non lin nada máis de Camus, que o seu pensamento avanza co tempo cara unha posición menos reactiva, máis constructiva, e que as súas obras vólvense máis interesantes. Aprecio o existencialismo, o nihilismo en cambio paréceme moi simple e esta historia é puro nihilismo. Dito isto, aínda que personalmente non me gusta demasiado o estilo de escritura de Camus, creo que logra plasmar moi ben dende a primeira frase do libro o sentimento de baleiro existencial, de hastío vital. Creo que dificilmente podería transmitirse mellor ese sentimento. Merece o seu recoñecemento por iso, pois na miña opinión, un dos desafíos máis complexos da escritura está, precisamente, en debuxar un conxunto de ideas, que é algo moi abstracto. Iso Camus lógrao. E aínda que, insisto, non me gustase especialmente o seu estilo, vese que hai talento, que é un bo escritor. Para o futuro queda pendente algunha lectura máis súa.
Noveliña clásica de Camus onde se plasma tanto o seu estilo característico (corto, exento de florituras, e directo) coma o seu pensamento (o absurdo da vida). O que máis me chamou a atención foi que, a pesar de intentar buscar entre a reflexión do sinsentido da vida unha guía ou uns principios aos que aterse (unha alternativa, ao fin, da sociedade normativa sen caer nun relativismo absoluto ou nunha negación completa de valores e ideais), esta parece vislumbrase na relación que o protagonista ten coa natureza e o sensorial. Parece que todo o que desperta placer ( a praia, un baño, o solpor do día, o sorriso de María) merece a pena ser vivido, é o que ofrece algo ao que amarrarse no absurdo xeral que o rodea. A conclusión á que chego como lector é que Camus é un hedonista, un disfrutón, o cal me fai sentilo moito máis cercano co seu ex-amigo Sartre.
Unha obra diferente, a personalización dunha historia nun poderosísimo personaxe: Arthur Meursault.
A historia ten lugar na Alxeria de entreguerras aínda colonial na que parece que non baixa a temperatura nin foxe o rei sol durante a meirande parte das súas páxinas.
Un protagonista epítome da indiferenza até un punto que rolda a hilaridade, constitúe a forza e o motor da existencialista obra de Camus. O punto, ao meu ver, máis salientábel acontece na discusión entre un Mersault xa desafiuzado e un cura que trata de promover un arrepentimento cristián no protagonista.
Unha obra que paga a pena ler e parar nas reflexións practicamente nihilistas dun personaxe que marca un estilo propio na literatura existencialista moderna.
Unha pasada de libro. É arrepiante o ben redactado que está e como ao final Meursault acepta a morte sen máis dilación como o destino de tódolos homes que a el tamén lle tocará vivir.
Encántame que a execución non se chegue a narrar para que o sentido filosófico do final da novela quede na reflexión antes da morte.
A ver, unhas descricións incribles e unha construción de personaxe moi interesante, sen dúbida. Porén, é un destes libros que me dan mazo lache e os homes intensos e performativos empregar de personalidade
É fantastica! Gustoume máis a primeira vez porque me pillou na miña nirvana era e estaba tristisimo e non entendia nada, pero me continua parecendo unha novela interesantisima, desesperante pola pasividade constante do protagonista, cun final que lle da moitisimo sentido ao conxunto. A vida baixo unha coraza, a coraza da indiferencia, a supresión de calqueira tipo de sentimento (pero que aburrida a vida se a enfocas asi!). Finalmente é o apuro de morrer o que da sentido á vida, que pouco nos gustan as cousas ata que nolas quitan jj