"Escribir no caderno -¡quen o diría! - é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa conmigo mesmo. Pero para min é milagre todo, dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo."
Escollo esta frase dentro da infinidade de opcións que hai dentro deste libro, no que parece que cada páxina agocha unha reflexión ou un apuntamento que merece a pena levarse con un. ¡Que maneira de contarnos a vida tés, Balbino! Canta sabiduría agocha Xosé Neira Vilas nas palabras dun cativo, dende o sufrimento e as inxustizas que marcaban o día a día da Galicia rural ata as cuestións últimas, todo dende unha mirada que non é o inocente que nos deberíamos esperar nun neno, pero si que tén a curiosidade que perdemos ao medrar. Balbino é un neno, que ao igual que os nosos avós, tivo que madurar á présa porque a vida non lle deu outra opción. Un neno cunha historia que non tén final feliz nen ao que a sorte lle sonríe polo simple feito de que a vida non tén porque ser así. Unha historia de esforzo continuo, sen recompensa e que fai que o lector sinta o que sinte o protagonista, aínda que para entender algo así habería que terse vivido.
Este libro, a pesares de que me durou nada máis que un día, deixa en min aprendizaxes e reflexións que me acompañaran moito, moito tempo. Non creo que poida deixar reflexado nesta opinión toda a magnitude da obra, pero si que podo recomendar efusivamente a todas as personas, especialmente galegas, que a lean polo menos unha vez.
Este libro serve para recordarnos que non deberíamos olvidar ningún de nós de onde vimos e co que cargan os nosos maiores, se somos o que somos é grazas a todo o que viviron, aprenderon e nos deixan como un legado, un regalo dun valor incalculable: unha lingua e unhas costumes que levan impresas milleiros de vidas e experiencias, as do noso pobo.
Como di a dedicatoria deste libro, pode que a que máis me houbera emocionado nunca, este libro é para todos os nenos que falan galego, e que, tal e como nos conta Balbino, que somos un ninguén. Que nunca se nos olvide de donde vimos.