Jump to ratings and reviews
Rate this book

O Soño Sulagado

Rate this book
O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova. A chamada da infancia, do lar materno; a procura do paraíso perdido (simbolizado nas árbores, na terra, no azul dos horizontes) conxúgase cos degaros de liberdade, coa ansia por transformar un presente esquivo e hostil. Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957) é membro destacado da máis recente xeración da poesía galega. A súa análise está feita desde o rigor e desde o traballo serio e continuado, pero tamén desde o diálogo entre imprescindible para dar coas verdadeiras dimensións da sensibilidade.

112 pages, Paperback

Published January 1, 1991

24 people want to read

About the author

Celso Emilio Ferreiro

36 books8 followers
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista.
Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra «Longa noite de pedra» é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.
No 1964, participou na fundación da Unión do Pobo Galego (UPG) xunto con Méndez Ferrín, Reimundo Patiño e Lois Soto, organización de orientación nacionalista e marxista.
Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
17 (40%)
4 stars
21 (50%)
3 stars
3 (7%)
2 stars
1 (2%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
Profile Image for Paulaaa.
5 reviews4 followers
June 13, 2022
Saudade

A silandeira sombra sin consolo
de aquil que fun, decote vai conmigo.
Lexano amor, hedra que medra e medra
dentro de min rubíndome a modiño.

Aquil que fun non son, por iso estamos
xuntos os dous. Aquil que entonces era
coma un río fuxiu, pero quedouse
coma o río que pasa e sempre queda.

Fecunda sementeira do pasado,
espello meu, única vida viva,
tódalas cousas morren i esmorecen
somente ti, lembranza, te eternizas.

Espello meu, no que me estou ollando;
ise que agora son xa non esiste.
O tempo faise estatua na saudade
i eu morro de saudades cada intre.
Profile Image for Antonio Parrilla.
447 reviews56 followers
October 6, 2021
Primero he intentado leerlo en gallego, aunque miraba rápido al castellano -¡aunque dos poemas los he entendido enteros!-. Poco a poco.
Son poemas muy lindos, con imágenes clarísimas que no desentonan mucho con que el libro sea de los cincuenta. Me ha gustado mucho.
Displaying 1 - 4 of 4 reviews