Cando leo a Ángela Segovia abro as ventás e mantéñoas abertas. Neste libro ela vaise acercando á morte, cunha humanidade docísima e feroz, contigua. Vaise liberando daquel "hueso en forma de u—Que crece y lo llena todo", daquel óso que "me anudaba la garganta. Os poemas gózanse coa brandura da auga que mantén os recordos de "Mi paese salvaje", ese lugar de despedida e de confianza como a guedella inocente dun año. Ángela é testemuña do terror da cripta e dos bichiños brillantes da cripta que é unha praza que é unha infancia que é volver á vida "Y observar todo detalle—Aunque después se me olvide". Unha póetica libre, propia e inesquecible. Unha vontade por seguir xentilmente. "Alegraos".