Unha peza dramática concebida por un pintor máis que por un escritor, na que son tan importantes os seus aspectos escenográficos (as máscaras, as roupas, as luces) como os literarios. Trata dos amores de tres vellos imprudentes, don Saturio, don Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocedade garrida de tres rapazas guapas: Lela, Micaela e Pimpinela.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademáis, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.
É a primeira obra de Castelao que leo. O boticario e a súa Leliña, Don Ramón e a súa Micaeliña e Don Fuco e Pimpinela. Ó final tódolos vellos morreron por amor, dunha maneira ou doutra, pero as rapazas novas todas fixeron a súa vida co rapaz novo e pobre que buscaran.
"Están as nubes chorando por un amor que morreu, están as rúas molladas de tanto como choveu. Lela, Lela, Leliña por quen eu morro, quero mirarme nas meniñas dos teus ollos. Non me deixes e ten compasión de min. Sen ti non podo, sen ti non podo vivir. Dáme alento cas túas palabras, dáme celme do teu corazón, dáme lume cas túas miradas dáme a vida co teu doce amor. Se por probe me desprezas eu non me asaño por eso. Na feira todo se vende, cada cousa no seu prezo."
"Aquel amor que che tiña era unha fror e murchouse, i agora, Pimpineliña o meu amor acabouse. Tes chambras de raso, refaixos, panos tes medias de seda, tes zapatos baixos; pero xa non tes o que tanto valía, a mirada limpa que eu tanto quería. Dispois do que me fixeches xa non che teño afición, cantan outros paxariños dentro do meu corazón."
Divertidísimo. Llevaba desde el 2015 con ganas de leerlo y por fin lo he encontrado en casa de Ana.
La trama de los tres actos consiste en viejos que intentan ligar con chavalas y se mueren haciendo el ridículo. Es muy entretenido y ligerito (y eso que lo he leído en gallego).
efectivamente os vellos non deberían de namorarse de rapazas de 15 anos (a nota non é por iso). puntos extra polas cancións e polo compoñente gráfico pero o resto non me dixo nada.
O meu querido Castelao segue sen decepcionarme nunca. Esta obra debería ser de lectura obrigatoria para todo vello verde (co debido respeto a don Saturio, o fidalgo Ramón e o vello Fuco) que ande atrás das mozas novas. Tanto Lela, a querida do boticario Saturio; coma Micaela, a querida do fidalgo Ramón; coma Pimpinela, a querida do indiano Fuco; deixáronse guiar polos cartos dos seus pretendentes, ou no caso de Pimpinela sucumbiu ó que lle dixeron seus pais, e pola paixón cega deles e pola cobiza delas a cousa acabou bastante mal. É unha obra moi divertida, e cunha gran cantidade de música. Non esquezamos que no primeiro lance don Saturio é o presunto autor dunha das cancións de amor máis fermosas na nosa lingua. Gustaríame moito poder vela representada, xa que como di o propio Castelao esta obra foi imaxinada por un pintor e non por un literato, polo que o apartado visual ten moita importancia. Recomendada a todos os que queiran unha lectura lixeira e divertida
Non pensei que me fose gustar tanto, pero en retrospectiva era evidente que podia ser a melhor obra de Castelao, xa que el era mais un pintor do que un escritor e o teatro é a parte da literatura na que o visual e escénico xogan un rol máis importante. Ademais todo é TAN, pero TAN Castelao, dende o prólogo ata o epílogo... Parece-me a obra perfeita para o entender como artista, a verdade.
Ademais do cal, se algún dia perdermos Galiza e o carácter das suas xentes, penso que poderiamos volvê-lo tecer febra a febra con esta peça. En realidade coa obra de Castelao en xeral, pero é que ton conversacional do teatro da-lhe un-a autenticidade ao galego empregado n'Os Vellos non deben de namorarse como non vin nunca noutra obra da nosa literatura. Recomendadísima, ademais de por boa e curtinha porque fai verdadeira graça en moitos lances (coa história do fidalgo eu non parei de rir).
acabeino nunha hora porque é curto de todo. pareceume súper entretido e a verdad é que deixa muito que pensar sobre que estea escrito hai 60 anos. levaba muito tempo querendoo ler e encantooooummme
Clásico imprescindible da literatura galega. Como ben di o título é unha farsa entres lances na que se demostra que os vellos non deben namorarse. Tres formas diferentes de contar un mesmo drama. O mellor o epílogo que é ben gracioso.
Una obra de teatro clave en la literatura gallega, que se me ha hecho súper divertida y absurda. Cómo el autor retrata a los “viejos verdes” que se enamoran de jovencitas y que al final son castigados de un modo u otro, me ha encantado.
Chea de retranca e galeguidade, como nos ten acostumadas Castelao, esta obra fala dun tema tan común como o era o vello namorándose de mociñas. Castelao lonxe de facer unha sátira moral, critica estas prácticas con moito humor, retranca e música. Os vellos non deben de namorarse, pero aínda así fano, e son eles os que deben carrexar coas consecuencias dos seus actos.
Lectura rápida, ágil, divertida y con toda la “retranca” posible. No puedo dejar de imaginarme las risas del momento, de la época, aunque una mirada actual desde el punto de vista femenino ofrecería otras lecturas sociológicas. El epílogo me ha parecido genial, el diálogo de los hombres protagonistas desde sus respectivas tumbas.
Una obra bastante divertida que conocí gracias a que la representé en una asignatura de la carrera. Si bien es cierto que no soy gallega y, por tanto, la leí en castellano y creo que pierde bastante el humor y dobles sentidos que sí se aprecian en su lengua original.