Jump to ratings and reviews
Rate this book

Raíz da fenda

Rate this book
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor. Hai feridas que botan raíces, e no seu centro atopamos, ás veces, unha poesía de fendas. E por iso este tamén é un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos, para dividirnos, faise difícil volver á casa, recuperar o que eramos antes.

136 pages, Paperback

First published May 1, 2013

23 people want to read

About the author

Berta Dávila

27 books118 followers
A escritora Berta Dávila (Santiago 1987), que moi nova sorprendeu gañando o Premio
Biblos-Pazos de Galicia para menores de 21 anos e culminando da man de Agustín
Fernández Paz a súa notable primeira novela Bailarei sobre a túa tumba (2008), é hoxe unha recoñecida poeta e narradora con poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, premios Johán Carballeira, da Crítica española e da AELG) e obras narrativas como libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido para o castelán e o xaponés, ou a novela O derradeiro libro de Emma Olsen, premio de narrativa breve Repsol en 2013, co que obtivo tamén o premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano en 2014.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
5 (22%)
4 stars
10 (45%)
3 stars
7 (31%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
523 reviews3 followers
November 8, 2025
Qué difícil se me hace la poesía. La sobrevuelo sin llegar a entrar, se escurre, la olvido. A pesar de tener algunas claves en el caso de nuestra poeta, y de que sus versos sean más legibles que muchos otros. Claramente mejor que en la narración, algunos (para mí los que hacen referencia a la palabra) magníficos, otros más a flor de tierra. Más contenida, mejor.
Profile Image for Moisés.
271 reviews23 followers
March 23, 2014
Aquí atopei poemas cortantes, dolorosos, desacougantes. Por momentos quedei abraiado coa concisión coa que a autora foza nas feridas (entendo que propias). Mágoa que sexa un libro tan longo: a min sobráronme dúas partes e media de cinco, porque as fendas que provocan o amor e a poesía non me dixeron nada, e algún outro momento pareceume tan agresivo que ata me resultou feo. Do outro lado achei moi impactantes algúns dos poemas sobre a enfermidade, sobre a casa familiar e sobre a resposta á morte dos próximos.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews