Autor, director e actor, foi un dos promotores do teatro independente galego. En 1974 funda a compañía teatral ANTROIDO, que durante anos representará moitas das súa pezas. A súa é unha das produccións máis importantes do teatro galego contemporáneo, merecedora do constante recoñecemento de xurados e crítica.
O teatro de Vidal Bolaño caracterízase por un forte simbolismo e pola combinación entre elementos da tradición popular galega e outros tirados da realidade socio-cultural do momento. O ton farsesco disimula escasamente unha amarga e sombría crítica desa realidade.
para a miña sorpresa e aínda que non me guste nada recoñecelo pola cantidade de comentarios misóxinos que se fan, gustoume bastante e lino dunha sentada
“Abofé que é bo o milagre. Aínda que, como todo na vida, pode ser mellorado. Que lle parece estoutro?”
Vi uma encenação desta peça teatral no Teatro Circo de Braga, corria o ano de 2013. Um trabalho do Centro Dramático Galego por Fefa Noia de que me lembro ter gostado bastante, daí ter ficado a vontade de ler. Não foi o texto que mais gostei de ler de Roberto Vidal Bolaño, mas é muito bom, sobretudo pela forma como a imagem da peregrinação a Compostela é aqui posta em personagens que são uma espécie de anti-heróis e subvertem os motivos típicos que levam as pessoas a peregrinar. Narra a história de um peregrino (com muita fé) e uma prostituta (sem fé alguma) que se encontram e seguem numa viagem rumo a Santiago de Compostela. Ele procura um milagre e Ela quer encontrar um cavaleiro, mas os motivos vão sendo adiados, encobertos, até ao final da história. Vão conversando, encontrando gentes, desvelando a sua vida, questionando a fé e os motivos de procura. E o final é surpreendente e coerente.
“Gárdense de morrer dun espadazo incerteiro. E mais se é na cabeça. É unha desdita que non desexaría nin para o peor dos meus inimigos. O sangue vai callando nos ollos e chega um momento en que un non pode abrirlos e ten que andar ás apalpadas para acertar co camiño de volta. A morte faise de rogar e o siso vai fuxindo aos pouquiños, ata non saber se xa se é alma em pena ou se aínda se é vivo. Que dirían que son eu?”
As páxinas están cheas de misoxinia, non se libra unha. Ten comentarios macabros e descricións que me resultaron excesivas. Para curto que é, fíxoseme longo. Gustoume algún xiro que dá a historia, pero non o recomendaría. O único bo é que engancha, sentín certa présa por coñecer o desenlace desde que o comecei.