Recopilación de contos tomando como fonte os textos fixados por Xosé María Lema Suárez e Xosé Manuel Varela Varela en Contos, Galaxia 1995.
Inclú O tío Miseria, O sacreto do tío Sanfona, A língoa pequena, O rei que rabiou, A compaña, O libro de San Ciprián, Na romaría da Barca e Alegría que pasa.
O punto común a tódo-los contos é o humor, a ironía, para facer unha crítica da sociedad da súa época. Penso que xa lira algún, probablemente na escola. De feito estou case segura de que nalgún momento A língoa pequena e máis eu encontrámonos nun libro. Moi divertidos, breves, ideais para levar por ahí se pensas que vas ter un ratiño libre, pero os finais non están ben rematados, como si non soubese como pechalos.