Jump to ratings and reviews
Rate this book

Así nacen as baleas

Rate this book
Así nacen as baleas conta a historia dunha viaxe de regreso á casa, á orixe familiar dunha muller nova que retorna ao seu pasado como única posibilidade de entender e vivir o presente.

De volta desde California, onde como bióloga traballa coas baleas, a narradora da novela redebuxa o seu pasado coa axuda da lembranza da figura do seu irmán Ramón, un neno con problemas psíquicos que, coma a protagonista, só é quen de existir mentres pode facerse preguntas.

Anxos Sumai conta a historia cunha linguaxe narrativa na que metáforas, personaxes e relato conflúen para describir o mundo desde a ollada diferente dunha rapaza e do seu irmán discapacitado psíquico.

164 pages, Paperback

First published January 1, 2007

16 people want to read

About the author

Anxos Sumai

13 books5 followers
Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora. Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal: culturagalega.org, onde tivo as seccións "Anxos e diaños", con Roberto Ribao, e "Anxos da garda". Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso.

Como narradora publicou Anxos da garda (2003) e Melodía de días usados (2005), en Editorial Galaxia. Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da Crítica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión "Somos perigosamente normais", emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia, e o Premio á Autora do Ano concedido polos membros da Asociación Galega de Editores. Por este mesmo libro obtivo o Premio San Clemente, concedido por rapaces de diversos institutos galegos.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
7 (13%)
4 stars
16 (30%)
3 stars
19 (36%)
2 stars
7 (13%)
1 star
3 (5%)
Displaying 1 - 6 of 6 reviews
Profile Image for SSARA.
24 reviews
May 14, 2024
é moi fácil de ler... a historia semella ser interesante pero é bastante peculiar... hai q estar preparado psicolóxicamente para ler algunhas partes
Profile Image for Raúl.
111 reviews6 followers
March 6, 2023
Así nacen as baleas queda lonxe de ser un dos meus libros favoritos en galego —despois de ler As malas mulleres e Futuro imperfecto as expectativas estaban bastante altas, e escoller un libro en galego nunha librería é un deporte de alto risco (nunca sabes o que atoparás)—. A historia, que ao principio é bastante interesante, non acaba de explotar. Penso que, das tres partes en que se divide a novela, a primeira e a última —que tratan sobre o presente da filla da historia— son as mellores e o libro sería moito mellor se a autora se centrase neste contexto. Dáme un pouco de rabia que non me encantase a novela porque esas partes están moi ben e, inda que Anxos Sumai articula un argumento que chama a atención e se segue bastante ben, hai aspectos que podían darlle á novela moita máis potencia. Ademais, dáme a sensación de que o final está un pouco acabado á présa e penso que puido escribir un final máis axeitado para a novela.
Profile Image for Meduss142.
403 reviews6 followers
February 6, 2024
Así nacen as baleas, de Anxos Sumai es una obra bastante peculiar.

🤨🐳🤨🐳🤨🐳🤨🐳🤨
Tuve muchos sentimientos encontrados con ella. Por un lado dije:
GUAO ¿qué es lo que acabo de leer?
Por otro lado fue como: GUAO, ¡qué cosa mas rara ha pasado aquí!
🤨🐳🤨🐳🤨🐳🤨🐳🤨🐳

A ver, tengo que admitir que me tuvo enganchada por ese ambiente oscuro, tóxico (digo así porque se me hacía un ambiente asfixiante, en el que no puede uno respirar muy bien que digamos) y retorcido que tiene... Me traumó mucho la parte de la piscina... Y muchas otras cosas que ocurren...
Creo que tenéis que echarle un ojo y a ver qué perspectivas tenéis de ella.
La trama en breve es la de una chica que trata de reconciliarse con su pasado trágico.

A mi decepcionar no me decepcionó. ¡ME sorprendió!
Profile Image for Carlos Catena Cózar.
Author 10 books210 followers
May 27, 2022
El tono general de la novela a veces me sacaba de la historia, pero en general me ha gustado bastante.
Displaying 1 - 6 of 6 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.