Brillante e lúcida coma sempre, Zafra continúa aquí coa súa reflexión iniciada en ensaios anteriores, sobre as vidas-traballo, a présa e a necesidade de deterse, saír do bucle, practicar a lentitude para poder reflexionar. Engade aquí o poder de sumisión das novas tecnoloxías e das estructuras socio económicas, facendo un paralelismo coa obra de Simone Weil "a condición obreira". Para min un pensamento necesario para reflexionar de forma crítica pero tamén colectiva, sobre o mundo que nos toca.