Jump to ratings and reviews
Rate this book

Nunca máis Galiza á intemperie

Rate this book
Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica. Dende os primeiros días do accidente do Prestige, o escritor Suso de Toro foi relatando e interpretando nos medios de comunicación esta catástrofe ecolóxica e humana, sepultada baixo un cobertor de silencio interesado, e a súa transformación nunha crise na política galega, logo na política española e agora nunha crise da política do Estado ante esta catástrofe de dimensións europeas e mundiais. Suso de Toro amosa nestas páxinas o seu convecemento de ter asistido durante este mes ao nacemento dunha nación; para el “o vello pole do orgullo nacional galego teimosamente gardado e transmitido atopou á fin un terreo humano no que prender. Unha sociedade que o acolleu”. O escritor Manuel Vázquez Montalban sinalou que estas vibrantes crónicas de Suso de Toro merecerían formar parte dunha posible Historia Universal da Chapuza, título destinado a quen queira mergullarse nun dos capítulos menos estimulantes da conducta humana. Nunca máis Galiza á intemperie é un libro épico e comprometido, unha homenaxe aos mariñeiros galegos que, co seu valor e a súa determinación, nos deron a todos un exemplo de civismo e fecundaron o sentimento do orgullo de sermos galegos.

112 pages, Paperback

First published January 1, 2003

9 people want to read

About the author

Suso de Toro

73 books26 followers
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (7%)
4 stars
7 (53%)
3 stars
4 (30%)
2 stars
1 (7%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Maikel Nuñez.
Author 2 books6 followers
December 7, 2022
Recuperé el libro ahora que se cumplen 20 años de la tragedia del Prestige. Buena redacción, se lee rápido y ofrece una versión diferente de lo que ocurrió aquellos fatídicos días.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.