A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.
Héctor Cajaraville Araújo, (b.1974, Santiago de Compostela), is a Galician journalist, teacher and writer.
Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa para a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) e o Concello de Santiago, así como nos diarios galegos La Voz de Galicia e De Luns a Venres, para logo dedicarse á corrección editorial.
Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011 cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela.
Premio Xerais de Novela 2015 Finalista Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 Premio Ánxel Fole de Novela Curta 2016 Premio Meiga Moira de Novela Infantil e Xuvenil 2016 Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 Premio Antón Losada Diéguez 2019
Mandáronme ler este libro no instituto, Eu empeceino con moi poucas expectativas e gustoume bastante. A verdade e que a trama non foi xenial, pero a maneira na que esta escrito entretivome.
Edit 24/1/23: O autor é un profe novo no meu instituto ☠️