O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...
Eva Mejuto é doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004, en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 forma parte do proxecto "Capicúa de xestión cultural e proxectos".
A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no Máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros co alumnado dos colexios.
É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes.
En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda guerra mundial.
3'5/5⭐ Para ser de lectura obligatoria, me ha gustado bastante, ha sido ágil y fácil de leer y la historia es muy muy interesante. Me ha gustado mucho la prota, necesitaba más.
se o libro tivese máis páxinas para afondar nalgunhas situacións e personaxes sería un 5/5. porén, e non sei se é porque son máis populares ou porque as editoriais buscan obras curtas, a maioría dos libros en galego contemporáneos (sobretodo se están enfocados cara un público xuvenil) non teñen máis de 250 páxinas.
"Que curiosos son os fíos da memoria, como tiran das lembranzas para non se perderen entre as sombras."
Precioso. A Eva Mejuto ten a capacidade de pasearte por unha historia mentres contra outras moitas. Lévate dun lado a outro de xeito suave e ameno. Non o podo recomendar máis.
Como novela juvenil, está bien. Pero sólo como novela juvenil. Con su dosis de didactismo incorporada. Los buenos, los republicanos perseguidos y aniquilados por el franquismo: la protagonista y su familia, abuelos, madre, tía (se le fue un poco la pinza con las "ch", Charo y Chelo, las Chamas….). Los malos (y algo tontos) los franquistas: la madre de Luís, las señoras de la Sección Femenina. Como secundarios Donacarmen y familia. Y la trama, no demasiado compleja, del intento de los maquis de abatir al Caudillo un 25 de julio. Por el medio, mucho amor por los libros y la historia de Marcela y Elisa izando la bandera LGTBI.
Encántanme os libros sobre libros e bibliotecas ou librerías. Ler sobre Meirás e a como era a vida do pobo coa chegada da familia Franco foi unha delicia.