A morte é un proxecto político, asegura a cita de Lupe Gómez que abre as páxinas de «Negras». Nestes versos penetrantes escóitase como disparan ás negras detrás dos supermercados e como prenden lume á lingua que avivece a gheada. A cor escura das vítimas hase enfrontar á violencia que o capital exerce sobre elas, pobres, perdedoras, cheirentas, miserables. Son, todas, negras. Negras no agravio; negras na pel; negras na indefensión; negras na lingua; negras na rabia; negras desde o río Ulla ata Ohio ou o Lago Erie. Se cadra, a forza da súa rebelión, como a enorme forza da poética deste poemario de Daniel Asorey, está na herdanza silenciosa da lingua escura dos grillóns.
aaaaa non sei que dicir é que este libro ten unha mensaxe súper importante da que non escoito falar moito fóra da comunidade anglosaxoa, pero síntese un pouco estrano ler un poema dende a perspectiva dunha muller negra escrita por un home branco (sobre todo tendo en conta que non sei de libros en galego escritos por mulleres negras).