1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñecer aquela sociedade libre, diversa, laboriosa, sacrificada. Abafante. Unha sociedade nos antípodas da súa aldea, tan pequena, tan pechada. Mais non todo en Barcelona é de cor de rosa. Carmen comprobarao cando busque colocación como criada nos barrios altos, para sacar uns cartiños mentres non regresa á casa. Ao servizo de señoras adiñeiradas, cociñará, fregará, escoitará moito e calará aínda máis. Aprenderá a adaptarse ao medio e a baixar a cabeza. No fin de contas, ela só está de paso. En «Unha rapaza de provincias» Cecilia F. Santomé recrea a Barcelona da Transición e réndelle tributo a esa emigración galega -interior, en feminino- pouco explorada e a miúdo eclipsada polas grandes epopeas transoceánicas.
Semella unha historia sinxela pero chea de pequenos detalles que relatan de xeito vivo as vivencias das mulleres no éxodo rural ás grandes cidades. Unha delicia de novela.
Librito corto y de agradable lectura en el que acompañamos a Carmen por las calles de Barcelona en un verano en el que visita a su hermana, y que aprovecha para sacar algo de dinero trabajando en el servicio doméstico. Muy bonito el estilo de la autora, con esa cercanía y ese detalle en la narración. Se queda un poco escueto, pero te hace pasar un buen rato.
Novela curta que fai unha pequena foto da migración feminina galega de finais dos anos 70. 🔹 Ao contrario que sobre a masiva emigración a América, pouco se ten divulgado sobre estas mulleres que marchaban na procura de sustento ás grandes cidades do país. 🔹 A través da historia de Carmen, coñecemos unhas pinceladas dun fenómeno sobre o que quedo con ganas de saber máis.
Unha rapaza de provincias fálanos do fenómeno da emigración galega de posguerra ás grandes cidades españolas. Barcelona acolleu a moitas mulleres galegas que marcharon alí a traballar no servizo doméstico. Nesta novela coñeceremos a historia delas a través dos ollos de Carmen, unha rapaza estudante universitaria que aproveita un verán no que visita á súa irmá para gañar un cartiños. Unha obra moi curta pero que te deixa con bo sabor de boca.
Está ben. É fácil de ler e ten unha temática interesante. Quedei con ganas de máis, pensaba que afundiría un pouco máis no que acontecía naquela época.