Un maxistral exercicio de hibridación entre a literatura máis íntima e a máis especulativa. Fermosamente escrito, cuns capítulos humanos, cheos de agarimo, dor, amor, impotencia e outros que están á vangarda do que se está a facer en ciencia ficción na actualidade, intercalados con momentos divertidos, poéticos e anecdóticos que alimentan a curiosidade e confiren ao fío narrativo unha grande orixinalidade e un grande dinamismo.
Do mellor da literatura galega dos últimos anos. Agardo que despois deste debut a autora nos deleite con novos libros.