Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi preso en setembro de 1980. Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.
Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC, e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborados de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. O 31 de maio de 2014 foi elixido en listas abertas como o portavoz de Anova en Vigo