Jump to ratings and reviews
Rate this book

A afogada

Rate this book
Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece. Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os acompañantes da rapaza agochan algo. Rocío Leira constrúe en «A afogada» unha novela de intriga onde a verdade parece estar ateigada de mentiras e a mentira ser unha parte máis da verdade.

120 pages, Paperback

First published March 1, 2021

2 people are currently reading
17 people want to read

About the author

Rocío Leira

6 books2 followers
Rocío Leira Castro (Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela. Recibiu, entre outros, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores (2009), o Premio Xosé M. López Ardeiro (2015), o premio Avelina Valladares (2016) e o Premio de Poesía Manuel María (2017). Foi finalista do Premio de Novela Vilar Ponte (2018) e do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (2019). Para o público infantil escribiu Universo Pitágoras (Biblos, 2013) e O becho que quería comer á avoa (Galaxia, 2015). No eido da poesía conta cos poemarios [Obituario] (2016) e INEM (2016). En narrativa ten publicadas as novelas Veleno en familia (Baía, 2019) e Trescatorcedezaseis (Xerais, 2020).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
7 (11%)
4 stars
16 (25%)
3 stars
29 (46%)
2 stars
9 (14%)
1 star
2 (3%)
Displaying 1 - 11 of 11 reviews
Profile Image for Sandra.
950 reviews38 followers
June 30, 2022
3.5 Es una novela corta entretenida que me ha entretenido mucho y quiero seguir conociendo a la autora escribe de una forma sencilla y sin florituras, me gusto los detalles que añadió como el tema de los chicos ahogados, y recorrer mi ciudad
Profile Image for GalicianFee.
281 reviews40 followers
November 25, 2021
"A afogada" es una novela corta ganadora del premio de Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo en el año 2020.

En sus 120 páginas nos encontramos una historia de misterio e intriga en la que, Laura Suárez, una joven de 19 años muere supuestamente ahogada una noche en la playa de Orzán, en A Coruña. Como testigos, su pareja y su mejor amiga.
Sin embargo, tras varios meses de búsqueda, el cuerpo sigue sin aparecer y este hecho hará que Manuel Cifuentes, rescatador marino, investigue el caso más a fondo hasta llegar a la verdad.

La trama cuanto menos es ya de por sí interesante, es ágil y muy bien desarrollada. Descripción a fondo de los personajes principales involucrados de alguna manera en la desaparición y con alternancia de la primera y tercera persona en la narración.

Si buscáis una lectura ligera, ideal para leer en una tarde, que contenga intriga, bien escrita y que toque temas de actualidad, esta es vuestra lectura.

Eso sí, de momento sólo ha salido publicada en gallego, pero también tengo que decir, que es un gallego muy asequible.
Profile Image for Xabier Cid.
Author 3 books34 followers
April 20, 2021
This is an easy, simple book, that I managed to read in just one go. A couple of hours of clear, intense reading.
A mystery/romance novel well built, smoothly composed, without dissonances. The writer comes, does her job, and leaves. In the meantime, she plays with our feelings, and we go alternatively picking characters to blame them for the hatred, the anxiety, and eventually the murder.
This book is not a life-changer, but it is certainly a good book, made to be read, made to be thought about. A sharp book in these times of gender battle, too. Even, for my beloved teachers out there, an interesting book to read at school. At least by the oldest ones, those who had already burning relationships or are about to have them. Yet perhaps because there are a couple of mentions of explicit sex in its pages, the novel was published in the 'adult collection'. It could be fitted either way.
125 reviews2 followers
April 19, 2021
Levou un premio, e levouno por algo. Unha argumentación fresta dá testemuña. Que non é unha obra mestra? Non, pero leese ben e non me decepcionou
Profile Image for Ángela Comesaña.
42 reviews
June 13, 2023
*Contén "spoilers"

"A afogada" preséntanos unha historia de suspense e chea de misterio que xira arredor de Laura Sánchez e a súa desaparición. Ben, pois todo é unha mentira, pero imos por partes.
O libro comeza co suposto e «accidentado» afogamento de Laura, a nosa protagonista, porén a medida que nos imos afondando na trama (xunto ao investigador do caso, Manuel Cifuentes) conseguiremos albiscar pouco a pouco a verdade, que tamén é unha mentira.
Isto pode resultar un tanto complicado de primeiras, pero unha vez lida a obra todo será máis claro (a diferenza da mente de Laura, tan escura como o propio Inferno).
A primeira morte de Laura é o afogamento. Enténdese que a rapaza se dirixe cara ao mar co seu mozo Miguel e a súa mellor amiga Sonia nunha noite na que a marea ameaza con levar toda vida que se achegase a ela. Isto remata no fatídico desenlace da súa vida e nun intento por salvala dos seus acompañantes.
É neste momento no que cabe falar do rescatador marítimo Manuel Cifuentes, peza clave no desenvolvemento do misterio. Este home é o típico axente responsable que está totalmente ofuscado no caso e olla máis aló dun simple accidente. Noutras palabras, sospeita dun posible asasinato das mans de Miguel, xa que non parece gustarlle moito o raparigo.
Sonia non é demasiado importante neste aspecto, se ben ten a súa relevancia, podemos prescindir dela até despois.
Deste xeito temos unha rapaza morta, un posible crime de parella e un investigador profesional de máis.
Toca falar da segunda morte de Laura. Podemos coñecer á protagonista a través de diversas pasaxes do seu diario no cal transmite o seu odio cara aos seus pais, a soidade que sente ao ser a única superdotada do seu instituto, o horrible que é ter unha semiamiga que che traizoe e, o máis destacable, o maltrato que sofre por parte de Miguel (abuso físico, verbal, os efectos do consumo de drogas...).
Quizais resulte estraño o feito de que unha mesma persoa teña dúas mortes, pero...e se non tivese ningunha? E se Laura tivese todos os cabos ben atados coa fin de artellar o plan perfecto co que escapar da súa horripilante rutina?
Iso mesmo é o que fai.
A protagonista organiza cada un dos puntos clave das súas mortes, pois segundo ela: «non podía conformarme con ter unha soa morte».
Todo canto hai escrito no seu diario é papel mollado, puras mentiras só útiles para incriminar ao seu noivo. De paso, tamén lle bota a culpa da desaparición dunha morea de cartos dos pais que ela mesma roubara e chega a autolesionarse para o seu propio beneficio.
Ela está a vivir nunha casa en Arteixo, desfrutando dunha nova vida coas súas propias regras.
En resumo, Laura é unha completa psicópata capaz de facer o que faga falla con tal de lograr os seus obxectivos (chegando a danar animaliños e cortar pescozos).
O interesante do libro son as distintas perspectivas que ofrece, salientando que os tres involucrados no caso (Laura, Miguel e Sonia) narran a historia en primeira persoa e, pola contra, os alleos (Cifuentes e Marina) en terceira.
Ao comezo é normal que pensemos que os personaxes son máis ou menos típicos (a rapaza incomprendida, o mozo abusivo e o policía inquisidor), mais esta visión non tarda en cambiar radicalmente.
Miguel, ao igual que todos os demais personaxes, non é máis ca un monicreque movido pola escura mente de Laura. El nunca fixo nada do que ela conta no seu diario e, con todo, a vítima convértese en culpable. Irónico, non si?
Sonia é un mero detonante. Incluso Laura admite que nada disto tería pasado de non ser pola traizón de ambos polo que, se Sonia non tivese bicado a Miguel, seguramente estariamos falando dunha desaparición e non dun falso afogamento.
Os pais de Laura son ese tipo de pais que queren ser perfectamente imperfectos. O pai é un bébedo sexista que non soporta nin á súa filla nin á súa muller.
Marina, a nai, ama a Laura até o punto de sobreprotexela e de querer que cumpra os seus soños frustrados nun intento por conservar o que non puido ser.
De feito, hai unha frase dela que di moito sobre a personalidade da súa filla e de como a educou.
«Fixera de todo por ela, e dérallo todo, pero nada parecía suficiente para Laura».
Unha cousa é clara, Marina, canto máis lle deas a unha persoa, máis vai querer, xa que non é quen de comprender un «non» por resposta.
Cifuentes é unha boa persoa e un excelente profesional que sabe perfectamente somerxerse no seu traballo e afondar no que el considera sospeitoso.
Hei opinar tamén acerca da extensión da historia. Por unha banda, gústame que sexa breve e non por preguiza de ler nin nada polo estilo, senón porque a autora ten o extraordinario poder de ir ao gran. Esta é a historia de Laura e é o que importa. Fin.
Iso é algo que axuda bastante a que a novela flúa coma se tivese un ritmo marcado, sen entrar en rodeos nin detalles.
Ao mesmo tempo, preferiría que tivese afondado máis. Non que fose máis longa, polo dito anteriormente, vai ao caso coma se se tratase dun xuízo, pero si un pouco máis de descricións dos personaxes ou que nos dera a oportunidade de coñecelos en profundidade.
Ao final, tes que te imaxinar a Laura, a Miguel, a Cifuentes e aos outros segundo a túa imaxinación cho permita, xa que apenas predominan os trazos físicos.
Ou, por exemplo, ninguén toma en serio ao investigador agás un policía que nin sequera ten nome e que semella que terá máis importancia nun futuro.
Outra mentira (esta vez non é de Laura).
Aparece, ten unha conversa co mergullador e adeus. Eu pensei que se ían converter nun dúo parecido a Sherlock Holmes e Watson. Mágoa.
Xa volvéndome un pouco perfeccionista, por así dicilo, atopei tres erros durante o transcurso da historia.
O primeiro ten certa graza porque se comete dúas veces e é que se pode ler escrito «una» en lugar de «unha» e «unas» no canto de «unhas».
O derradeiro erro deixoume un pouco descolocada, pois cando se nos presenta á nai de Laura por vez primeira, chámaselle Marina Cifuentes.
Eu pensara: «que curioso! Comparte apelido co axente, e non é moi usual atopar cousa semellante nun libro para evitar confusións». Unha simple gralla.
O nome da nai de Laura é Marina Fidalgo para desilusión miña.
Recomendaría esta obra a calquera persoa, en realidade. Aínda así, como sei que ese non é un público moi concreto, diría que vai máis dirixida a adolescentes e lectores de misterio.
A adolescentes porque opino que é primordial para eles que se sintan dalgunha maneira recoñecidos no papel destes personaxes (cos seus conflitos e problemas ao longo da narración).
Calquera pode sentirse coma Laura, sen ninguén ao seu carón ou pensando que non ten a atención que merece (sen acadar ese nivel obsesivo e psicótico, todo sexa aclarado) ou ben coma Sonia, que vexas como están a utilizarte agarrando ben dos teus fíos sen que ti sexas quen de impedilo.
Aos amantes do misterio polo que xa de por si é obvio. É unha historia de intriga que relata a procura dun cadáver que nin sequera existe e todo o que iso trae consigo (a investigación, os sospeitosos e as sospeitas, os interrogatorios e as –falsas- pegadas...)
Como conclusión, A afogada supón unha innovación á novela galega. Rocío Leira xoga cunha trama concisa, pero envolta en multitude de teas de araña, que tentará enfeitizarte coma un canto de serea e levarate ao máis fondo do mar, onde é moi probable que remates como a súa protagonista...
...sinistramente afogada.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for paupaiss.
201 reviews6 followers
April 26, 2023
3.25

Realmente é unha noveliña corta, que se le nunha tarde, con intriga, capítulos cortos e mantenche pegada ao papel.

Aínda que non teña tanta extensións, as personaxes están ben definidos, o ritmo primeira/terceira persona fai que sintas que están diante túa. Ben e verdad que non sintes empatía por eles.

O final vino vir bastante a partir da metade, pero aínda así como lectura lixeira e rapidiña, gustoume moito
Profile Image for Sylvia.
48 reviews
January 12, 2023
Laura, filla única, de familia acomodada, con hiperestesia sensitiva e un coeficiente intelectual de 154... Afogada.

Cústame sentir empatía... Ate case o final. E ó final a autora fai unha reviravolta que termina nun pinchacarneiro e PUM, novela rematada.

Boa lectura dunha forma ou doutra.
Profile Image for Marina.
114 reviews5 followers
March 26, 2025
Ojalá fora máis largo porque a historia daba para moitísimo máis. Encantoume a mente retorcida da prota!!
Displaying 1 - 11 of 11 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.