What do you think?

Trescatorcedezaseis
«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.
Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.
Comeza o xogo!
Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.
Comeza o xogo!
144 pages, Paperback
First published January 1, 2020
About the author
Rocío Leira
6 books2 followersRocío Leira Castro (Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela. Recibiu, entre outros, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores (2009), o Premio Xosé M. López Ardeiro (2015), o premio Avelina Valladares (2016) e o Premio de Poesía Manuel María (2017). Foi finalista do Premio de Novela Vilar Ponte (2018) e do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (2019). Para o público infantil escribiu Universo Pitágoras (Biblos, 2013) e O becho que quería comer á avoa (Galaxia, 2015). No eido da poesía conta cos poemarios [Obituario] (2016) e INEM (2016). En narrativa ten publicadas as novelas Veleno en familia (Baía, 2019) e Trescatorcedezaseis (Xerais, 2020).
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 10 of 10 reviews
February 4, 2025
Interesante historia ambientada no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Destacan a súa facilidade de lectura e a fluidez dos acontecementos. Moi boa opción para rapaces xoves.
October 19, 2021
Un dos mellores libros que lín na miña vida
September 7, 2021
Entretida e corta novela xuvenil na que un profesor de matemáticas e unha estudante se ven involucrados na investigación duns asasinatos. A investigación xira arredor dunha serie de enigmas e crebacabezas lóxicos, o cal parece encadrar ben coa personalidade e os gustos dos dous matemáticos.
É moi lixeiriña, e a trama está máis enfocada aos acertixos que á investigación, que pasa bastante desapercibida. Bótase en falta un pouco máis de elaboración desa liña. Ademais, os enigmas parecen ter un enfoque claramente xuvenil, pero chocan bastante cos coñecementos que se lle presupoñen aos protagonistas: non teñen moita complicación e o profesor universitario e a estudante namorada dos números que nos presentan deberían telos atopado moi doados... pero non é iso o que ocorre na novela.

January 17, 2023
Aínda que o misterio era bastante predicible e que algunhas cousas resultaban difíciles de crer, como que un profesor de universidade non soubese o que era o código César, o certo é que aprecio moito que exista este libro.
É evidente que eu non son o seu público obxectivo e penso que é unha boa forma de introducir aos máis novos na historia das matemáticas e ensinar conceptos tan interesantes coma os que aparecen nos acertixos desta novela.
A súa lectura resulta doada e amena, o cal fai que sexa perfecto para o propósito para o que supoño foi escrito. Sen dúbida algunha recomendareino aos meus futuros alumnos.

February 19, 2025
Interesante relato de misterio, que sigue la tradición iniciada años a por “El Código Da Vinci” en cuanto a mezclar el esoterismo con la investigación policial. Es corto, ameno, no se pierde en descripciones superfluas y se lee tremendamente rápido. Le quito una estrella porque hay cosas que son bastante forzadas o incorrectas, pero en general, una muy buena experiencia.
December 15, 2022
Me gustó mucho el final y el libro en general (creo recordar)
August 17, 2024
Ameno y rápido de leer. Si estudiaste en la universidad de Santiago te traerá recuerdos de lugares muy típicos.
November 9, 2024
Foi un das novelas cortas escollidas para ler no club de lectura que coordino no instituto e gustou moito á rapazada. É fácil de ler, entretida é pódense traballar con ela moitos temas.
June 9, 2026
La verdad, no me gustó demasiado, muy predecible todo, es cierto que es literatura juvenil, pero es muy cargante. Al final me dieron ganas de ser yo la asesina y cargarme al profesor 🤦🏻♀️
November 4, 2021
Gran libro e unha gran trama, cun final que deixarache coa boca aberta.
Se che gusta o misterio este é o teu libro.
Se che gusta o misterio este é o teu libro.
Displaying 1 - 10 of 10 reviews