Jump to ratings and reviews
Rate this book

Os anxos indecisos

Rate this book
Os personaxes que protagonizan as historias de Os anxos indecisos están situados nos bordos, nas fronteiras, nos lindes. A dúbida e as posibilidades, reais ou fantasiosas, preséntanse para conceder ao instante das decisións unha marxe estreita con consecuencias enormes. O cotián e o sorprendente tecen a narración, con super modelos, xornalistas "de raza", con música de Sam Cooke, romances de nenez, mocidade eterna de gata cíngara, trasnos náufragos... e violencia, baixos fondos, ilusións rotas, enfermidade, celos e a propia vida posta ao límite. Malia todo isto, en todas queda un pequeno canto á esperanza e a ilusión por unha realidade mellor...

Cada lector ou lectorá terá que decidir con que parte queda, se asume a crueza de fondo ou pervive nese soño en que os protagonistas tamén quererían vivir, cómplices da dúbida e do esquecemento.

132 pages, Paperback

First published September 2, 2019

1 person want to read

About the author

Manrique Fernández

6 books1 follower
Manrique Fernández Vázquez, nado en Sistallo (Cospeito) o 4 de xuño de 1965, é un escritor e xornalista galego.

Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu toda a súa carreira profesional na Galiza en distintos medios de comunicación, tanto en prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais.

Foi director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Colaborou co compositor Rogelio Groba Groba na redacción da súa biografía oficial, un libro de conversas, e na publicación de varios catálogos da súa obra. Tamén foi letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga, o noso Rei e unha adaptación do conto de Charles Perrault O gato con botas), así como do réquiem Samaín. Réquiem galego, a cantata Corpus en Ponteareas, e varias cancións.

Como animador cultural, colabora co Concello de Ponteareas na organización de numerosas actividades, como os Xogos Florais, a colección de libros Creadores ponteareáns ou o ciclo Venres D_letras, do que é coordinador dende o seu nacemento. Mantén o blog de recensións literarias O meu andel.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
1 (100%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.