Jump to ratings and reviews
Rate this book

Conceptos de sociología literaria

Rate this book
Spanish

152 pages, Paperback

First published January 1, 1980

3 people are currently reading
16 people want to read

About the author

Carlos Altamirano

35 books1 follower

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (28%)
4 stars
2 (28%)
3 stars
3 (42%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Samuel.
79 reviews1 follower
February 27, 2025
A escolma de voces é un chisco obtusa. Imaxino que hai un impulso didáctico, pero ao estar este extremado certas nociós son un tanto xenéricas e, xa que logo, de voz a voz hai ocasionais superposiciós. Creo que pode ser un instrumento introdutorio bastante útil pra estudantes que acaban de entrar en contacto por primeira vez cos Estudos Literarios dunha maneira seria ou aficionades que non tivesen ocasión de mira-la literatura dende unha óptica social. Para persoas cunha bagaxe teórica considerable serve, máis ben, como un instrumento auxiliar bastante modesto. Pra ter un obxectivo didáctico, porén, en ocasiós hai unha sintaxe bastante arrevesada que chega a roza-lo anacoluto (e ás veces provoca algunha falta de ortografía, que pasaría por alto se non se notase un desexo de elevación elocutiva que revela severas carencias expresivas, por outra banda mal endémico do academicismo). Así e todo, coido que é unha lectura relativamente enriquecedora e, dada a súa brevidade, si que recomendaría este libro a alguén con curiosidade pero sen demasiadas pretensiós. A dicción da obra, salvando a sintaxe depauperada ocasional, é bastante agradable e fai do transcurso da lectura un ameno dabondo.
Voume abster de indagar sobre as tendencias ideolóxicas des autores, aínda que a de Sarlo, polo pouquiño que sei dela, explicaría a incompetencia dun libro conceptual pra facer unha escolma de conceptos.
Reitérome, así e todo, en que o libro non é malo como tal e que paga a pena telo presente como recurso, pese aos problemas que ten.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.