Jump to ratings and reviews
Rate this book

Un xogo de apócrifos

Rate this book
Un xogo de apócrifos é unha estensa narración de catrocentas páxinas -lonxitude pouco frecuente na narrativa galega actual- que ten por fío conductor a historia de Silesio Braun, un escritor internado nun sanatorio psiquiátrico que leva toda a vida intentando rematar a súa primeira novela. Certo día recibe un regalo: os contos escritos por un home que llos concede para que poda editalos como propios. Reescríbeos e suplanta, diante da persoa que o coida, unha monxa chamada Berta, e os seus achegados, ó autor do libro. Hai nesta novela dous planos, tan independentes como empastados: os trinta e seis contos e as anotacións do propio Silesio Braun (un caderno de bitácora no que se confuden tamén os parágrafos desa pretendida novela sobre a figura de Bach que nunca consegue rematar). En cada un dos capítulos da novela hai a presencia doutras tantas citas apócrifas que serven de xustificación e exaltación da mentira, de xustificación da falsedade, de xustificación, en definitiva, da literatura. Ideas básicas da novela son, pois, amor, esperanza, existencia e fracaso.

376 pages, Paperback

First published July 29, 1997

Loading...
Loading...

About the author

Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialista en lingua galega, lingua francesa, lingua castelá e ciencias sociais). Asesor do Centro de Formación do Profesorado de Ourense, con sede en Verín. Profesor do curso "Didáctica da ficción e Creación Literaria" na Universidade de Vigo". Colaborador habitual de numerosas publicacións desde 1981 (La Voz de Galicia, Tempos Novos, El País, Diario 16, Península, Faro de Vigo ou El Mundo).

Dirixiu e presentou o programa da TVG "Oficio de Palabras" e "As Luces". É colaborador diario da "Crónica" da Radio Galega.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (14%)
4 stars
1 (14%)
3 stars
3 (42%)
2 stars
1 (14%)
1 star
1 (14%)
No one has reviewed this book yet.