Jump to ratings and reviews
Rate this book

O Sol De Homero: Unha Defensa Da Poesía

Rate this book
O sol de Homero do poeta e ensaísta Xavier Seoane é unha lúcida reflexión sobre a creación poética. Unha nova defensa da poesía. A constatación da súa necesidade no horizonte do terceiro milenio. Desde as orixes da modernidade, a creación poética non se disociou da reflexión crítica. Os poetas exploraron a súa razón de ser, tratando de arrancar o seu misterio. Para os poetas, o noso é un tempo de poé a busca do seu lugar na sociedade e na historia. O retorno desde o exilio á Polis. A poesía é catarse e comunicación, conto e canto, elexía e festa, mais tamén producción de sentido e vía de coñecemento. Un camiño de plenitude cara á posesión do real absoluto do que falaba Novalis. A poesía é unha chave para a Casa do ser. Para a revelación da plenitude da existencia. Paxaro atrapado a man, a poesía é o territorio da revelación e do abraio. Transcendencia e día a día. Verbo encarnado. Lume e arpa, o sol de Homero parece aínda irradiar no horizonte da época contemporánea. Esta defensa da poesía de Xavier Seoane realizouse optando por acudir as testemuñas dos propios poetas. Este ensaio constitúe unha pequena babel de referencias, de declaracións ou de poéticas -en prosa e verso- dos poetas sobre a poesía co obxectivo de que o lector curioso e interesado acuda ás fontes que aquí se nomean, na conciencia de que non o defraudarán. Un ensaio necesario e optimista sobre esa esfinxe que interroga ao lector, sobre ese espello que é a páxina poética, esa lectura secreta do rostro.

312 pages, Paperback

First published June 30, 2005

Loading...
Loading...

About the author

Xavier Seoane

51 books
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Estudiou Filoloxía Románica en Compostela, e é hoxe profesor de Lingua e Literatura Galega en A Coruña, onde tamén impartiu, entre outras, Literatura Universal e Técnicas de Expresión Escrita. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Corrego Gallego, Microfisuras...

Desde hai anos vén organizando na cidade da Coruña debates, conferencias e tertulias de carácter artístico, literario e cultural, así como participando en cursos literarios, na coordenación de premios literarios e na impartición de obradoiros de poesía e literatura.
En colaboración con Raúl Reguera publicou o libro Poesía experimental (1978). O seu primeiro poemario individual foi Os bosques encendidos (1981). Logo editaría A caluga do paxaro (1979), Presencias (1985), Iniciación e regreso (1985) co que recibiu o premio Cidade da Coruña en 1982, O Canto da Terra (1987), Regreso e Advenimento (1990), Eu tamén oín as voces do orvallo (1994), Umbral de Vida (1996), premio Esquío de poesía, Don do horizonte (1999), -que abrangue a súa obra poética reunida, á que engade os volumes A néboa invisíbel e Agra da Brea-, Dársenas do ocaso (2002), 1º premio Caixa Nova de poesía e Premio da Crítica Española, a plaquette Longas augas (2003), Vagar de amor e sombra (2004), Para unha luz ausente, premio Espiral Maior de poesía (2006), Do ventre da cóbrega (2008) e Raíz e soño (2009, Ed. Trifolium).

En 2010 saíu publicada a edición castelán do seu libro de poemas Dársenas do ocaso, pola autoridade portuaria de A Coruña.

En colaboración con Manuel Rivas escribiu en dúas noites, e publicou posteriormente o poemario Anisia e outras sombras (1981), unha experiencia de escrita a catro mans. Colaborou nas antoloxías poéticas De Amor e Desamor I (1984) e De Amor e Desamor II (1985), así como no volume e CD de aniversario De amor e desamor (2009, Deputación de A Coruña).

Editou no seu día un libro de reflexións e aforismos titulado Arca cotidiana / Irispaxaros (1984), ao que seguiría un novo volume de aforismos: Da rocha imantada (2010, Laiovento). O gravador Manuel Facal realizou a carpeta de gravados As quatro estacións, sobre poemas de Seoane, e o libro de artista Irispaxaros, sobre aforismos do autor.

Con Manuel Rivas, Antón Baamonde e Lino Braxe, foi fundador e animador da revista e do foro Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: "O pintor Luis Seoane", "Luis Seoane, escritor" e "Arquitectura galega actual". Participou como comisario na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes ("Leopoldo Nóvoa", "Mundos", "Figuraciós", "Isaac Díaz Pardo", "O cómic galego", "Luís Seoane e o libro galego na Arxentina", "Urbe, Natura, Cosmos", "Alberto Datas"...) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos. Coordenou o libro de conferencias A cultura e a criatividade galegas cara o ano 2000, e, ademais de ensaios sobre fotógrafos como Vari Caramés e Vilariño, prologou os volumes A Coruña entre séculos (2000) e Momentos coruñeses (2001).

En 1989 publicou, en colaboración con Lino Braxe, a escolma de textos radiofónicos de Luís Seoane, "Galicia Emigrante". Tamén en colaboración con Lino Braxe editou o volume de colaboracións radiofónicas de Alvaro Cunqueiro, "A máxia da palavra" (1991), o volume "Luís Seoane e o cine" (1994), "Luís Seoane e o teatro" (1996) e "Luís Seoane: Textos sobre arte" (1997). En 1990 saíu á luz o seu libro Identidade e convulsión: Palavra e imaxe da nova arte galega, e, en 1994, Reto ou rendición, análise dos presupostos teórico

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.