Mona Otero é unha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia, e mesmo con deseperación, a súa meta de triunfar no mundo da arte. A protagonista, sancionada coa perda do carné de conducir, non pode dispoñer de coche propio, polo que depende doutras persoas para desprazarse. Toda a historia que se narra en As ramonas emana do interior de sucesivos vehículos desde os que a protagonista nos vai amosando un rosario de factores que delimitan a súa existencia: a competitividade, a autoestima, os odios, a pobreza, a familia, o abandono, as aparencias, a falsidade do éxito, a dignidade. Mais Mona Otero é só un fío do nobelo no que se vai xuntando co outras ramonas -unhas veces complementarias, outras opostas- e a partir do cal van formando un complexo mundo de mulleres. A novela de Ana Cabaleiro é, ademais, o retrato dunha sociedade rural en mutación, cun pé asentado na tradición e nos lazos familiares e co outro alancando cara á globalización.
Ana Cabaleiro López, nada en Saídres (Silleda) en 1974, é unha xornalista e escritora galega.
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou o máster de Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura. Iniciouse como xornalista en Radio Estrada. Colabora en Sermos Galiza e no Boletín Galego de Literatura. É membro do grupo de escritura Versos soltos. Traballou no campo da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento. Tamén traballou no gabinete de comunicación da Deputación de Pontevedra.
En febreiro de 2017 publicou o seu primeiro libro de relatos, Sapos e sereas, co que quixo chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero a través de relatos postos en feminino e dirixidos a unha hipotética lectora, nos que pon en cuestión o modo en que se contou a historia da muller.
En 2018 gañou o Premio García Barros coa novela As ramonas. En 2018 tamén colaborou na revista Ligeia.
Unha novela sobre a destrución: a da vida persoal da protagonista, a da súa vida artística e a dun certo territorio rural. Gústame moito porque fala dun tempo e un espazo que me resulta próximos (tamén no sentido literal) e que creo que ten que ser contado con novelas como esta. Un rural moi ligado ás vilas e ás cidades, no que convive a actividade agrogandeira co carácter de refuxio e dormitorio para os que traballan noutros sectores e/ou noutros lugares. Un enorme espazo que se vai baleirando de identidade, no que deixadeixan de pasar cousas. A dificultade para moverse, exemplificada na degradación e perda das estacións de tren e nas peripecias da protagonista para desprazarse sen carné de conducir, é o fío do que tira Ana Cabaleiro para facer ese retrato. Paréceme moi acertado. A novela é divertida e vai gañando interese conforme avanza. Collinlle moito aprezo a Mona a través das súas equivocacións, infortunios e torpezas.
Cando atopei nunha Feira do libro Sapos e Sereas foi unha gran descuberta polo punto de vista feminista e o estilo innovador dos relatos, por iso lle tiña moitas ganas a As Ramonas e aínda que ten cousas interesantes e positivas, como a bravura das mulleres do rural ou o paternalismo masculino foi decepcionante. A protagonista é soberbia e arrogante e non creo que as situacións complicadas que lle tocan xustifiquen a súa actitude irresponsable, vingativa e inmadura, non vexo nada de feminismo nese xeito de actuar. Por outra banda, aínda que non sexa un dos temas da novela senón que se emprega en comparativas, como nai dunha persona con discapacidade as comparacións que se fan con esta condición parecenme desafortunadas, por non dicir noxentas e quero pensar que van encaixadas na personalidade da protagonista e non nun punto de vista da autora.
Saídres e a ollada feminista constitúen dous espazos importantes na vida de Ana Cabaleiro, e por iso ela constrúe historias que sempre teñen ese aquel reivindicativo. Ela non renuncia ao que é e por iso, aínda que Mona Otero e as demais ramonas parten da ficción, resúltame difícil non vela a ela en cada un dos recunchos que describe.
O relato viaxa entre un costumismo a galega e unha inmersión na modernidade dende o rural mais profundo vertebrado todo polos camiños de ferro, principais protagonistas do conto. As veces semilla que perde un pouco de chispa e ritmo, pero remata por voltar nun atípico e satisfactorio final.
No es un libro alegre pero la manera de narrarlo es preciosa. La lectura es engañosa porque parece querer mostrar a Ramona como una antiheroina pero la realidad es que es una protagonista miserable, vengativa y totalmente ególatra que es víctima de sus propias decisiones. Me ha gustado mucho 👏🏼
Procurava algum livro em Galego há algum tempo, deparei-me com este. Gostei de o ler mas infelizmente a personagem principal chateou-me um bocado. Percebo o que a autora quer que represente, mas infelizmente nao foi um bom livro para mim.
Un libro marabilloso que todo o mundo debería de ler. Unha historia contada en sete partes que encerran a vida dunha persoa e a súa loita por vivir a súa vida como artista. Atoparnos con esas sorpresas e eses xiros ao terminar cada parte, fainos querer ler cada vez un pouco máis, e pasar máis tempo con Mona. Unha novela que lla recomendo a todo o mundo.
Es una novela que he dejado aparcada casi un mes no por su longitud ni porque esté mal escrita al contrario , simplemente no he tenido ganas de continuar leyéndola y al final me he tenido que poner a la fuerza . No sé las otras reseñas si pueden aportar otra visión pero la mía es que me ha resultado insulsa.