Jump to ratings and reviews
Rate this book

Fálame do silencio

Rate this book
Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano 1977. Un regreso a un país que deixaba atrás a ditadura, mais tamén ao momento exacto en que mudan as conciencias. A volta do mozo que descobre o que pesa o esquecemento na alma. No Durban, unha taberna de mariñeiros rexentada por un vasco con pendentes na orella e ollada salitrosa, ninguén resultará ileso. «Atochas. 1936.» Dúas palabras que levarán os protagonistas a facerse a mesma pregunta: Quen somos en realidade?
Unha viaxe interior, unha historia na procura de respostas de quen aprende a ler nas olladas, neses ollos azuis que lle devolven unha e outra vez a mesma pregunta: Quen é en realidade Daniel Gluckmann?
Novela de intriga e de memoria, "Fálame do silencio" é unha reconstrución literaria brillante e intensa daquela Coruña popular de hai medio século, marcada aínda pola escaseza, as necesidades, a guerra e as vidas truncadas.

315 pages, Paperback

First published July 1, 2018

2 people are currently reading
10 people want to read

About the author

Pablo L. Orosa

1 book1 follower
Pablo López Orosa, nado en Oza-Cesuras en 1985 e finado o 16 de novembro de 2019, foi un xornalista e escritor galego.

Escribiu, tanto en galego como en castelán, en diversos medios de prensa escrita como El País, Eldiario.es ou a revista Luzes.

O seu labor foi recoñecido co premio de xornalismo solidario Memorial Joan Gomis pola, pola reportaxe intitulada La tregua de los zapatos.


Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (30%)
4 stars
2 (15%)
3 stars
3 (23%)
2 stars
3 (23%)
1 star
1 (7%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.