En Evidencias recóllense algúns traballos daqueles libros hoxe esgotados, pero amplíase noutros máis: o mundo das trovadoras provenzais, a significación das palabras na cultura do borne contemporáneo, o papel da muller na literatura, o amor na obra de Rosalía de Castro, feminismo e epicureísmo... A mirada da muller abrangue grandes espacios e céntrase neste caso na expresión literaria (no presente e tamén a través da Historia) e mais no conflicto lingüístico. Especialmente brillante é a súa comparación entre a escravitude da muller e a situación do idioma galego como dúas realidades semellantes por igualmente oprimidas.
Escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes.
Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016).