Jump to ratings and reviews
Rate this book

O ladrón de esperma (Edicion Literaria)

Rate this book
O ladrón de esperma está constituído por cinco relatos de marcado carácter experimental e variado rexistro, que vai dende o exotismo intelectual de “Shinju”, onde se revisa a tradición do suicidio de mutuo acordo entre dous amantes co fin de probar o carácter xenuíno do seu amor, que se realiza no Xapón, ata o relato “O ladrón de esperma”, que dá título ao libro, onde se analiza o comportamento sexual humano mimetizado co dos insectos (os traballos científicos relatan que os cabaliños do demo macho teñen o seu pene deseñado non só para fecundar á femia, senón tamén para limparlle a vaxina de xeito que non quede ningún tipo de resto de esperma do macho anterior), pasando por un conto onírico con catro finais posibles, “Soño nunha noite de inverno” ou a visión bifocal dun acontecemento escoitado en voz baixa durante a nenez polo autor, “O tío Filipe”; finalmente, “Os cabalos da procesión” aporta unha versión de cómo se viviron os primeiros días da Guerra Civil española en Compostela. Imaxinado tamén a partir dunha historia incompleta que algún día escoitou Xavier Queipo por boca dun seu ancestro. Xavier Queipo obtivo cos relatos incluídos en O ladrón de esperma o Premio Café Dublín 2000.

88 pages, Paperback

First published June 30, 2005

About the author

Xavier Queipo

48 books2 followers
Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.

Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 vive e traballa en Bruxelas. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras e no semanario A Nosa Terra, e, na actualidade, na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (33%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
2 (66%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.