Jump to ratings and reviews
Rate this book

Ten o seu punto a fresca rosa

Rate this book
Con esta novela María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecendo unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Divertida e desconcertante, a obra está construída como un gran friso do Vigo das décadas de 1970 e 1980, cando se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres: Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradicións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola compracencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola perda da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

294 pages, Kindle Edition

First published June 1, 2000

Loading...
Loading...

About the author

María Xosé Queizán

36 books11 followers
Escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes.

Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (20%)
4 stars
7 (46%)
3 stars
5 (33%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for C Canabal.
1 review
May 20, 2026
É o primeiro que leo de Queizán, malia que levaba con ganas dende que a estudamos no instituto. Quizáis a predisposición coa que partía e que os temas do libro me interesaban predispuxeran canto me gustou.
Lese a bo ritmo, agradable sen ser simple pois dá pé á reflexión. Gustoume a variedade de puntos de vida e experiencias, incluso épocas, reflexadas a partir das distintas personaxes que consigue retratar, e atopar datos reis no medio da ficción do proceso de transición democrática na Galiza.
Por veces sacoume un pouco da narrativa esas pequenas doses de historia pero foron rapidamente entretecidas de volta.
Ten puntos de intimista delicadeza e tamén discusións das máis fondas miserias. Ben de crítica social ao tempo que retrata unha cidade e unha época. Considérase costumista? Sátira social? Libro coral?

Non che sei, pero empaticei coas personaxes, rabiei con elas, reflexionei con elas e lino con ansia. Recomendo moito :)
Profile Image for ari fieira.
4 reviews
March 29, 2026
Dos meus libros preferidos, e ao que volvín despois dunha conversa ca miña booktoker favorita, @alorca_.

Este é o libro desa autora que descobres na túa adolescencia irritábel, da man dunha profesora espelida, nova e con ganas de ensinar, que che dá a coñecer novas autoras nunha teoría da asignatura de galego que sempre se queda curta en canto a nomes femininos.

Ten algo especial: A fresca rosa é o libro e, coma quen di, o Santo Graal. Descatalogado, desaparecido en físico… e coa mágoa de non poder tocalo, non quedou outra que mercalo online para lelo no Kindle.

Desde a visión dunha poeta empedernida, paréceme un bo exemplo do que pode ser a prosa poética: baixa de sentimentalismo, atallando a narrativa desde unha visión directa, moi directa.

Para min é un dos meus preferidos. Poríalle cinco estrelas se non fora pola falta de experiencia na app e na materia, pois quero deixar o baremo un pouco máis baixo por se aparecen outros libros que o poidan superar.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews